Alfonso Martín Suárez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1936 (87/88 anos) Vigo, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
1 de febreiro de 1984 – 23 de abril de 1986 ← Fernando Garrido Valenzuela Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Pontevedra Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Alcalde de Marín | |
1968 – 1973 ← Raúl Santiago Taracido – Benito Hermida Cebreiro → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Partido político | Alianza Popular |
Alfonso Tomás Martín Suárez, nado en Vigo en 1936, é un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos en Vigo, e despois marchou a Marín. Empresario, membro do consello de administración da empresa Suárez y Cía. No franquismo foi nomeado alcalde de Marín en 1968. Cesou como alcalde en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas foi candidato á alcaldía de Marín por Alianza Popular. En 1984 foi deputado no Congreso substituíndo a Fernando Garrido Valenzuela que renunciou para ser conselleiro.
Predecesor: Raúl Santiago Taracido |
Alcalde de Marín 1968 - 1973 |
Sucesor: Benito Hermida Cebreiro |