Saltar ao contido

Fento do cabeliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fento do cabeliño
Culcita macrocarpa
Carl Presl 1836 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   C. macrocarpa (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 ClasePolypodiopsida
 OrdeCyatheales
 FamiliaCulcitaceae
 XéneroCulcita
 EspecieCulcita macrocarpa Editar o valor en Wikidata
C.Presl, 1836 Culcita macrocarpa Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
ITIS897842 Editar o valor en Wikidata
OTT636711 Editar o valor en Wikidata
UICN162293 Editar o valor en Wikidata
CoL6C2NS Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0001116338 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O fento do cabeliño[1] (Culcita macrocarpa C.Presl 1836), é unha especie de fento pertencente á familia Culcitaceae presente na rexión macaronésica e no sur de Europa incluíndo Galiza. En portugués chámase feto-de-cabelinho ou feto-abrum.

Esta especie está incluída na lista de especies vermellas en perigo crítico de extinción e protexida pola Directiva Hábitat.[2].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Fento isospóreo perenne cun rizoma groso e rastreiro caracteristicamente cuberto de páleas piliformes de cor avermellada con función protectora. Estes rizomas poden chegar a medir máis dun metro de lonxitude e bifurcarse. Frondes que poden superar os 2 metros de longo con láminas bi a pentapinnadas con pinnas asaetadas de consistencia coriácea. O pecíolo adoita ter a mesma lonxitude cá lámina. Posúe soros reniformes marxinais no extremo das nerviacións protexidos por un indusio formado por dúas valvas, unha formada por un verdadeiro indusio e a outra formada por unha prolongación da propia lámina. Esporanxios piriformes con maduración basípeta e anel oblicuo, esporas triletas.

Este fento medra en zonas de elevada humidade tanto de solo como da atmosfera e escasas oscilacións térmicas. O substrato ideal para o seu desenvolvemento é aquel moi rico en humus e situado en sombra continuamente. O hábitat máis favorábel logo para o seu desenvolvemento son os bosques riparios achegados á beiramar; condicións moi comúns en Galiza.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esta especie paleomediterránea é un supervivente dos bosque tropicais propios da Era Terciaria europea. Hoxe como endemismo Ibero-Macaronésico ten as súas poboacións extremadamente ameazadas, e reducidas a uns poucos puntos relictos na Península Ibérica: Cornixa Cantábrica e zona norte de Galiza, serras de Alxeciras e do Porto e tres poboacións nas illas dos Azores, Madeira e Tenerife na Macaronesia.

En Galiza atopámola na Serra da Groba e nas Fragas do Eume entre outros sitios.

  1. Nome común galego en MiniAtlas Xeobotánico de Galicia - http://www.vexetaciondegalicia.es/fento.php?id=culcita[Ligazón morta]
  2. Na seguinte Web Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. pódense ver fotografías deste fento e o mapa de distribución nacional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]