Felipe Ruza García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFelipe Ruza García
Biografía
Nacemento1855 Editar o valor em Wikidata
Cequeril, España Editar o valor em Wikidata
Morte1950 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Civil governor of the province of Badajoz (en) Traducir
Civil governor of Cáceres (en) Traducir
Presidente da Deputación de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , avogado , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Felipe Ruza García, nado en Cequeril (Cuntis) en 1855[1] e finado en Pontevedra en xaneiro de 1950,[2] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Conservador, foi redactor do Diario de Pontevedra[3]. Home de confianza de José Riestra López, foi xuíz municipal de Pontevedra, deputado provincial polos distritos de Caldas (1878) e A Estrada-Lalín (1909, 1913 e 1917) e presidente da Deputación de Pontevedra (1915-1917). Foi decano do Colexio de Avogados. En agosto de 1919 foi nomeado gobernador civil de Badaxoz[4], posto no que cesou en xullo de 1920[5]; e en setembro de 1922, gobernador civil de Cáceres[6], posto no que permaneceu até decembro dese ano[7].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Viúvo e sen descendencia, o seu patrimonio pasou á súa sobriña Purificación Lorenzo Ruza, esposa de Ramón Sobrino Buhigas[8].


Predecesor:
Antonio Pazos Fontenla
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1915 - 1917
Sucesor:
Antonio Pazos Fontenla

Obras[editar | editar a fonte]

  • Notas para reformar las leyes provincial, municipal y del sufragio, 1899.
  • Notas para los senadores y diputados de la región gallega, 1918.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Núñez Sobrino, Á. (2015). "Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), eximio arqueólogo". Anuario Brigantino (38): 19-34. 
  2. La Noche, 1-2-1950, p. 2.
  3. Couceiro Freijomil, A. (1954). "Ruza García, Felipe". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 261. 
  4. La Correspondencia de España, 2-8-1919, p. 6.
  5. La Correspondencia de España, 5-7-1920, p. 7.
  6. La Correspondencia de España, 14-9-1922, p. 6.
  7. Las Provincias, 14-12-1922, p. 7.
  8. Manso Porto, C. (2013). "Una escultura de la Virgen de la Leche y dos capiteles góticos, inéditos, de la colección del arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), legados al Museo de Pontevedra por la familia Núñez Sobrino". Anuario Brigantino (36): 317-350. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Taboada Moure, Pablo (1987). Deputación Provincial, ed. Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra. ISBN 84-505-6436-0.