Felipe Pedreira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 (127/128 anos) Cuenca, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Araceli Ancochea Roldán |
Pai | Leopoldo Pedreira Taibo |
Felipe Pedreira Deibe, nado en Cuenca cara a 1896, foi un profesor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Leopoldo Pedreira Taibo, criouse na Coruña onde fixo o bacharelato. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor da Academia Católica da Coruña. En 1918 foi nomeado, por oposición libre, profesor numerario de Xeografía da Normal de Ourense.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Ourense. En 1932 pediu a excedencia voluntaria,[2] e dous anos despois foi nomeado profesor numerario de Xeografía da Escola de Maxisterio de Lugo.[3] En decembro de 1949 volveu á Normal de Ourense por dereito de consorte.[4] Colaborou en El Diario de Orense, La Región, Vida Gallega, El Ideal Gallego, El Progreso e Alborada.
Publicou Apuntes de Historia de España (Hasta la unión definitiva de Castilla y Aragón).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1921 con Araceli Ancochea Roldán,[5] e foi pai de Román, María del Carmen e Toñita Pedreira Ancochea.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 53.