Feás, Alvidrón, Antas de Ulla
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Feás.
Feás | |
---|---|
Hórreo da Casa de Baixo de Feás | |
Parroquia | Alvidrón |
Concello | Antas de Ulla |
Coordenadas | 42°48′39″N 7°54′16″O / 42.81079, -7.904482 |
Poboación | 14 hab. (2014) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Feás é un lugar da parroquia de Alvidrón, no concello de Antas de Ulla. No censo de 2014 tiña 14 habitantes.
Comunícase coa estrada local que une a capitalidade do concello con Palas de Rei, pasando pola Ponte Mercé, San Miguel de Coence e Albá, estes dous últimos xa no concello de Palas.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Feás é un fitónimo que indica un lugar onde abunda o feo, do latín Fēnales, de Fenu ("feo") + o derivativo de abundancia -ales.[1][2][3]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Alvidrón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Alvidrón no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Antas de Ulla
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 258. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo I. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 49. ISBN 978-84-17807-36-8.