Santo Estevo do Castro de Amarante, Antas de Ulla
Aparencia
| Santo Estevo do Castro de Amarante | |
|---|---|
Castelo e pazo de Amarante. | |
| Concello | Antas de Ulla[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°46′37″N 7°55′06″O / 42.77698107, -7.91840958 |
| Poboación | 88 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo Estevo do Castro de Amarante é unha parroquia do concello lugués de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2013 tiña 104 habitantes (53 mulleres e 51 homes), 39 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Santo Estevo do Castro de Amarante ten tres elementos: Santo Estevo é un haxiónimo referido a Estevo, mártir; Castro fai referencia a un poboado castrexo; Amarante ten orixe no nome de posuidor de orixe latina Amarantus (a través da forma en xenitivo Amaranti), relacionado coa herba do amaranto.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste lugar está a Fortaleza de Castro de Amarante.
Festas
[editar | editar a fonte]Celébranse festividades na honra de san Francisco, san Bartolomeu e santo Estevo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santo Estevo do Castro de Amarante.
- Blasón no castelo de Amarante
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santo Estevo do Castro de Amarante
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Santo Estevo do Castro de Amarante no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
|---|---|
|
Amarante | O Castro | Chacín | Rececendes |
Parroquias de Antas de Ulla
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 19-20, 80-81. ISBN 978-84-17807-36-8.