San Fiz de Amarante, Antas de Ulla
Aparencia
| San Fiz de Amarante | |
|---|---|
Igrexa de San Fiz de Amarante | |
| Concello | Antas de Ulla[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°46′06″N 7°54′50″O / 42.7682, -7.914 |
| Poboación | 71 hab. (2019) |
| Entidades de poboación | 7[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Fiz de Amarante é unha parroquia do concello de Antas de Ulla. Segundo o IGE en 2014 tiña 87 habitantes (40 homes e 47 mulleres), 55 menos ca en 1999. Ten sete núcleos de poboación
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo San Fiz de Amarante ten dous elementos: San Fiz é un haxiónimo que fai referencia a Fiz de Xirona, mentres que Amarante ten orixe no nome de posuidor de orixe latina Amarantus (a través da forma en xenitivo Amaranti), relacionado coa herba do amaranto.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Petróglifos Monte Farelo.
- Brasón en Vilasión.
- Vistas desde o miradoiro do Farelo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Fiz de Amarante
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Fiz de Amarante no concello de Antas de Ulla (Lugo) | |
|---|---|
|
Bellós | Chorente | Ermide | Nugallás | San Fiz | O Seixo | Vilasión |
Parroquias de Antas de Ulla
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 19-20, 73-74. ISBN 978-84-17807-36-8.