Fatima Abdel Mahmoud
Nome orixinal | (ar) فاطمة عبد المحمود |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de xaneiro de 1944 Omdurman (Imperio Británico) |
Morte | 22 de xullo de 2018 (74 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Sudán |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade Rusa da Amizade dos Pobos Universidade de Columbia |
Actividade | |
Ocupación | política , pediatra |
Partido político | Sudanese Socialist Union (en) |
Lingua | Lingua árabe e lingua inglesa |
Páxina web | fatimaabdulmahmoud.com |
Fatima Abdel Mahmoud, nada en Omdurmán en 1944 e finada en Londres o 22 de xullo de 2018, foi unha política sudanesa, líder da Unión Demócrata Socialista Sudanesa.[1] En 1973 foi unha das primeiras mulleres en ocupar un cargo político no Sudán. Presentouse ás eleccións xerais de 2010 como primeira muller candidata presidencial do país.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Estudou medicina en Moscova nos anos 1960 e graduouse como pediatra.[2] En 1973 foi nomeada viceministra de Mocidade, Deporte e Asuntos Sociais. Este nomeamento, xunto co de Sayeda Nafisa Ahmed al Amin como membro do politburó do partido no goberno, a Unión Socialista Sudanesa, adquiriu notoriedade internacional nunha época na que as estimacións situaban o índice de alfabetización das mulleres no Sudán no 10 %.[3] Abdel Mahmoud desempeñou o seu cargo no Parlamento durante dez anos.
Candidatura presidencial
[editar | editar a fonte]En abril de 2010, celebráronse no Sudán as primeiras eleccións plenamente disputadas (é dicir, as primeiras con candidatos de partidos da oposición) desde 1986. A candidatura presidencial de Abdel Mahmoud foi rexeitada en xaneiro de 2010 pola Comisión Electoral Nacional do Sudán, xunto coas doutros dous aspirantes, alegando que a súa campaña non conseguira obter os avais necesarios.[4] Abdel Mahmoud e os seus partidarios protestaron contra a decisión, que cualificaron de representativa dunha conspiración contra as mulleres. A súa candidatura foi reinstaurada por un tribunal de apelación antes dos comicios.[2]
Moitos partidos de oposición acabaron boicoteando as eleccións, ao considerar que estaban amañadas en favor do presidente Omar al-Bashir.[5] Ao final, Al-Bashir gañou as eleccións cunha ampla maioría. Pola súa banda, Abdel Mahmoud obtivo o 0,3 % do voto total.[6]
Abdel Mahmoud volveu presentarse nas eleccións xerais de 2015, onde obtivo un terceiro posto na elección presidencial e o seu partido quedou sen escanos na Asemblea Nacional.[7][8]
Outras actividades
[editar | editar a fonte]Abdel Mahmoud ocupou a Cátedra Unesco «Muller, Ciencia e Tecnoloxía».[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fatima, Sudan’s first female presidential candidate, dies at 74" (en inglés). 23 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Heavens, Andrew (8 de abril de 2010). "FACTBOX-Sudan's main presidential candidates" (en inglés). Reuters. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ Dallas, Don (8 de abril de 1973). "Sudanese women seek new path". Reuters.
- ↑ McDoom, Opheera (30 de xaneiro de 2010). "Sudan rejects three presidential candidates" (en inglés). Reuters. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ York, Geoffrey (6 de abril de 2010). "In Sudan, hope for change fades as election nears" (en inglés). Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "FACTBOX: Sudan presidential election results" (en inglés). Sudan Tribune. 27 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 28 de marzo de 2021.
- ↑ "How Sudan's general election works". bbc.co.uk (en inglés). BBC. 11 de abril de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2017.
- ↑ "Announcement of the Results of the April 2015 General Election" (PDF). nec.org.uk. National Election Commission for Sudan. 27 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2015. Consultado o 13 de maio de 2018.
- ↑ "UNITWIN". UNESCO (en inglés). UNESCO. 2010. Consultado o 11 de setembro de 2017.