Fariñento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fariñento
C.album

O fariñento ou farnelo (Chenopodium album) é unha planta da familia das amarantáceas, moi común nos países de clima temperado. Medra en solos ricos en nitróxeno e aparece como mala herba no medio dos cultivos.

As súas follas son verdes por riba e cinsentas polo envés. As partes verdes aprovéitanse fervidas xunto coas sementes para enriquecer a fariña dos cereais. Tamén poden ser comidas crúas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Adoita medrar en posición vertical nun primeiro momento, acadando alturas de 1-15 dm (rara vez 3 m), porén normalmente convértese en deitada despois da floración (por mor ao peso da follaxe e sementes), a menos que teña o apoio doutras plantas. As follas son alternas e poden variar na súa aparencia. As primeiras que saen preto da base da planta son dentadas e aproximadamente en forma de diamante de 3–7 cm de lonxitude e 3–6 cm de ancho. As follas na parte superior dos talos son romboidal-lanceoladas de 1–5 cm de longo e 0,4–2 cm de ancho, cerosas e de aspecto fariñento (de aí o nome), cunha camada abrancazada na parte inferior. As pequenas flores son radialmente simétricas e crecen nas pequenas cimas nunha mesta e ramificada inflorescencia de 10–40 cm de longo.

Hábitat[editar | editar a fonte]

O seu rango nativo é escuro por mor ao seu amplo cultivo que inclúe a meirande parte de Europa, de onde Carl von Linné describiu a especie en 1753. As plantas nativas na zona oriental de Asia inclúense en C. album , mais a miúdo difiren de espécimes europeos. Preséntase tamén noutros lugares, por exemplo, África, Australasia, América do Norte, e Oceanía, agora prodúcese en case todas partes nos solos ricos en nitróxeno, especialmente en terreos baldíos.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Indicacións: é usado como laxante, nutritivo, diurético, antihelmíntico, lixeiramente sedante, hepático.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Chenopodium album foi descrita por Linneo (Bosc ex Moq.) e publicado en Species Plantarum 1: 219. 1753.[2]

Etimoloxía

Chenopodium: nome xenérico que deriva da particular forma das follas semellantes ás patas dun ganso: do grego "chen" = (ganso) e "pous" = (pé) ou "podion" = (pé pequeno).

album: epíteto latino que significa "albo, branco.[3]

Variedades
  • Chenopodium album var. album L.
  • Chenopodium album subsp. album L.
  • Chenopodium album subsp. amaranticolor Coste & Reyn.
  • Chenopodium album var. candicans Moq.
  • Chenopodium album var. centrorubrum Makino
  • Chenopodium album var. microphyllum Boenn.
  • Chenopodium album var. missouriense (Aellen) Bassett & Crompton
  • Chenopodium album var. stevensii Aellen
  • Chenopodium album var. striatum (Krasan) Kartesz, comb. nov. ined.
  • Chenopodium album var. gabrielli[4]
Sinonimia
  • Chenopodium bilbilitanum Pau in Vicioso
  • Chenopodium candidans Lam.
  • Chenopodium lanceolatum Muhl. in Willd.
  • Chenopodium leiospermum DC. in Lam. & DC.
  • Chenopodium reticulatum Aellen
  • Chenopodium viride L.
  • Anserina candidans (Lam.) Montandon
  • Atriplex alba (L.) Crantz
  • Atriplex viridis (L.) Crantz
  • Blitum viride (L.) Moench
  • Botrys alba (L.) Nieuwl.
  • Botrys alba var. pauper Lunell
  • Botrys pagana (Rchb.) Lunell
  • Chenopodium agreste E.H.L.Krause
  • Chenopodium bernburgense (Murr) Druce
  • Chenopodium bicolor Bojer ex Moq.
  • Chenopodium borbasiforme (Murr) Druce
  • Chenopodium borbasii F.Murr Synonym
  • Chenopodium × borbasioides f. hircinifolium (Aellen) Hyl.
  • Chenopodium browneanum Schult.
  • Chenopodium catenulatum Schleich. ex Steud.
  • Chenopodium concatenatum Willd.
  • Chenopodium × densifoliatum (Ludw. & Aellen) F.Dvorák
  • Chenopodium diversifolium var. montuosum F.Dvorák
  • Chenopodium elatum Shuttlew. ex Moq.
  • Chenopodium glomerulosum Rchb.
  • Chenopodium laciniatum Roxb.
  • Chenopodium lobatum (Prodán) F.Dvorák
  • Chenopodium missouriense Aellen
  • Chenopodium missouriense var. bushianum Aellen
  • Chenopodium neglectum Dumort.
  • Chenopodium neoalbum F.Dvorák
  • Chenopodium opulaceum Neck.
  • Chenopodium ovalifolium (Aellen) F.Dvorák
  • Chenopodium paganum Rchb.
  • Chenopodium paucidentatum (Aellen) F.Dvorák
  • Chenopodium pedunculare Bertol.
  • Chenopodium probstii Aellen
  • Chenopodium pseudoborbasii Murr
  • Chenopodium riparium Boenn. ex Moq.
  • Chenopodium serotinum Ledeb.
  • Chenopodium subaphyllum Phil.
  • Chenopodium superalbum F.Dvorák
  • Chenopodium superalbum f. kuehnii F.Dvorák
  • Chenopodium viridescens (St.-Amans) Dalla Torre & Sarnth.
  • Chenopodium vulgare Gueldenst. ex Ledeb.
  • Chenopodium vulpinum Buch.-Ham.
  • Chenopodium zobelii Murr ex Asch. & Graebn.
  • Chenopodium zobelii f. hircinifolium Aellen
  • Chenopodium zobelii f. multidentatum Aellen
  • Chenopodium zobelli A. Ludw. & Aellen
  • Vulvaria albescens Bubani[5]

Nome común[editar | editar a fonte]

En galego, ademais de fariñento, recibe os nomes comúns de zaincho, farnelo, farnento, fariñón[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fariñento". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 4 de decembro de 2009. 
  2. "Fariñento". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  3. Fariñento en Epítetos Botánicos
  4. "Variedades en Catalogue of life". COL. Consultado o 2022-02-11. 
  5. ["Fariñento en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2013.  Fariñento en PlantList]
  6. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
  2. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  3. Correa A., M. D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  4. Flora of China Editorial Committee. 2003. Fl. China 5: 1–506. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  5. Flora of North America Editorial Committee, e. 2003. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 1. 4: i–xxiv, 1–559. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.
  6. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  7. Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
  8. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  9. Nee, M. 2004. Magnoliidae, Hamamelidae y Caryophyllidae. 2: 1–209. In M. Nee Fl. Reg. Parque Nac. Amboró Bolivia. Editorial FAN, Santa Cruz.
  10. Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]