Fanny Mendelssohn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFanny Mendelssohn

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1805 Editar o valor em Wikidata
Hamburgo Editar o valor em Wikidata
Morte14 de maio de 1847 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Hemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBerlín Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeConfederación do Rin Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e piano Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositora , pianista , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAnne Marie Cathérine Bigot de Morogues, Ludwig Berger (pt) Traducir, Lea Mendelssohn Bartholdy (en) Traducir, Franz Lauska (pt) Traducir e Carl Friedrich Zelter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosS. Glynn B. Olive (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeWilhelm Hensel (1829–1847)
FillosSebastian Hensel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAbraham Mendelssohn Bartholdy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Lea Mendelssohn Bartholdy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRebecka Mendelssohn (en) Traducir, Felix Mendelssohn e Paul Mendelssohn Bartholdy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2846092 Musicbrainz: cfb00fff-8895-484a-b459-f050d70abe2c Songkick: 359555 Discogs: 1092642 IMSLP: Category:Hensel,_Fanny WikiTree: Mendelssohn-6 Find a Grave: 6825679 Editar o valor em Wikidata

Fanny Mendelssohn, nada en Hamburgo o 14 de novembro de 1805 e finada en Berlín o 14 de maio de 1847,[1] posteriormente Fanny [Cäcilie] Mendelssohn Bartholdy e, tralo seu matrimonio, Fanny Hensel, foi unha compositora e pianista alemá.

En Hamburgo, o Museo Fanny e Felix Mendelssohn está dedicado ás vidas e ás obras de Fanny e do seu irmán Felix.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Fanny Mendelssohn compuxo máis de 460 obras musicais.[3] As súas composicións inclúen un trío de piano e varios libros con pezas e cancións de solos de piano. Numerosas composicións dela foron publicadas inicialmente co nome do seu irmán, Felix Mendelssohn nas súas coleccións opus 8 e 9. As súas obras para piano adoitan ter a forma de cancións, e moitas levan o nome de Lieder für das Pianoforte ("Cancións para piano", paralelismo con Cancións sen palabras do seu irmán). Este estilo e título foi desenvolvido con máis éxito por Felix Mendelssohn, aínda que algúns estudosos modernos afirman que Fanny o precedeu no xénero.

Tamén escribiu entre outras obras para piano, un ciclo de pezas que mostran os meses do ano, Das Jahr ("O ano").[4] A música foi escrita en páxinas de papel de cor, e ilustradas polo seu marido Wilhelm. Cada peza estaba tamén acompañada por un breve poema. Nunha carta dende Roma, Fanny Mendelssohn describiu o proceso trala composición Das Jahr:

Estiven a compoñer unha boa cantidade posteriormente, e chamei as miñas pezas de piano cos nomes dos meus lugares favoritos, en parte porque me viñan á mente neses momentos, en parte porque as nosas excursións de pracer estaban na miña mente mentres as escribía. Formarán un delicioso recordo, unha caste de segundo diario. Mais non imaxino que lles dese eses nomes cando os toque en público, son para completamente para uso na casa.[5]

Entre as súas obras está a Sonata de Pascua escrita en 1828, inédita durante a súa vida, descuberta posteriormente e atribuída ao seu irmán en 1970, antes de que o exame do manuscrito e unha mención da obra no seu diario establecese definitivamente en 2010 que era obra dela.[6] Foi estreada co seu nome o 8 de marzo de 2017, Día Internacional da Muller.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fanny Mendelssohn". Encyclopaedia Britannica. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  2. Deutschland Funk, Platz für Mahler und Mendelssohn-Geschwister, Dagmar Penzlin, 28 de maio de 2018 (en alemán)
  3. "Women of Historic Note". Washington Post, Gayle Worl 9 de marzo de 1997
  4. Marcia J. Citron: 'Mendelssohn, Fanny', Grove Music Online ed. L. Macy (Consultado o 10 de xuño de 2008), <http://www.grovemusic.com Arquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine.> (require subscrición)
  5. Citron, Marcia J. The Letters of Fanny Hensel to Felix Mendelssohn.
  6. "A Mendelssohn masterpiece was really his sister’s. After 188 years, it premiered under her name.". Washington Post, By Derek Hawkins 9 de marzo de 2017.
  7. "A Fanny Mendelssohn masterpiece finally gets its due". The Guardian Sheila Hayman. 8 de marzo de 2017

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Citron, Marcia J. Mendelssohn, Fanny In Grove Music Online (subscriber access). Oxford Music Online, (consultado o 13 de febreiro de 2010).
  • Citron, Marcia J. "Mendelssohn(-Bartholdy), Fanny (Cäcilie)" in The New Grove Dictionary of Women Composers. Macmillan, 1994. ISBN 0-333-51598-6
  • Conway, David. Jewry in Music: Entry to the Profession from the Enlightenment to Richard Wagner. Cambridge University Press, 2011. ISBN 978-1-107-01538-8
  • Hensel, Sebastian. The Mendelssohn Family 1729–1847 4th revised edition, 2 vols., Sampson Low, Londres, 1884. This compilation from family correspondence still remains an important source of information about Fanny, Felix and their relatives.
  • Kimber, Marian Wilson, "The 'Suppression' of Fanny Mendelssohn: Rethinking Feminist Biography," 19th-Century Music, Vol. 26, No. 2 (outono de 2002), pp. 113–129
  • Mendelssohn (Hensel), Fanny, tr. e ed. Marica Citron. The Letters of Fanny Hensel to Felix Mendelssohn (Nova York, 1987).
  • Mendelssohn Bartholdy, Felix, ed. Paul Mendelssohn Bartholdy, tr. Lady Wallace. Letters of Felix Mendelssohn Bartholdy from 1833 to 1847, Longman Green, Londres 1864.
  • Sterndale Bennett, R., "The Death of Mendelssohn", in Music and Letters vol. 36 no.4, Oxford, 1955
  • Tillard, Françoise, translated by Camille Naish, Fanny Mendelssohn , Amdeus Press, Portland, Oregon, c1996, ISBN 0-931340-96-9
  • Todd, R. Larry, Mendelssohn: A Life in Music (Oxford University Press, 2003) ISBN 0-19-511043-9
  • Todd, R. Larry, Fanny Hensel: The Other Mendelssohn (Oxford University Press, 2010) ISBN 978-0-19-518080-0

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]