Fanny Geefs
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1807 Bruxelas, Bélxica |
Morte | 23 de xaneiro de 1883 (75 anos) Schaerbeek, Bélxica (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Bruxelas París |
Ocupación | pintora |
Período de actividade | 1830 - 1883 |
Xénero artístico | Retrato |
Profesores | François-Joseph Navez |
Familia | |
Familia | Corr family (en) |
Cónxuxe | Guillaume Geefs |
Irmáns | Erin Corr Mathilde Corr |
Parentes | Jozef Geefs, cuñado |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Women in the fine arts, from the seventh century B.C. to the twentieth century A.D. (en) |
Fanny Geefs, nada en Bruxelas o 2 de maio de 1807 e finada en Schaerbeek o 23 de xaneiro de 1883, foi unha pintora belga de ascendencia irlandesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada como Isabelle Marie Françoise Corr ben en Dublín ou en Bruxelas, estudou arte dende nena. Na década de 1830, estudou con François-Joseph Navez. Ademais de retratos, pintou imaxes relixiosas e históricas como Our Lady Appearing to the Oppressed que se atopa na Igrexa da Sagrada Familia de Schaerbeek. Casou co escultor Guillaume Geefs en 1836. Traballou en comisións para a familia real belga, incluíndo numerosos retratos da raíña Luísa María de Orleáns. O seu tríptico La vie d'une Femme : Piété, Amour, Chagrin tivo grande influencia en Charlotte Brontë, en particular na súa novela autobiográfica Villette, ambientada en Bruxelas.
Coa súa morte en 1883, a Biblioteca Real de Bélxica mercou unha gran colección das súas obras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fanny Geefs |
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Creusen, Alexia (2006). "CORR, Fanny (1807-1883, épouse GEEFS", in Eliane Gubin, Catherine Jacques, Valérie Piette & Jean Puissant (eds), Dictionnaire des femmes belges: XIXe et XXe siècles. Bruxelles: Éditions Racine. ISBN 2-87386-434-6