Guillaume Geefs
Guillaume Geefs | |
---|---|
![]() Retrato de Guillaume Geefs. | |
Nacemento | 10 de setembro de 1805 |
Antuerpen, ![]() | |
Falecemento | 19 de xaneiro de 1883 |
Bruxelas, ![]() | |
Área | escultor |
Educación | Academia Real de Belas-Artes da Antuérpia |
Movemento | Movemento flamengo barroco, neoclasicismo, romanticismo, realismo |
Obras | Vítimas da Revolución (1838); estatuas, bustos e monumentos funerarios. Le génie du mal |
Cónxuxe | Fanny Geefs |
[ editar datos en Wikidata ] |
Guillaume Geefs, nado o 10 de setembro de 1805, e finado o 19 de xaneiro de 1883,[1] tamén coñecido como Willem Geefs, foi un escultor belga. Malia que é coñecido principalmente polos seus traballos monumentais e retratos públicos de estadistas e figuras nacionalistas, tamén explorou temas mitolóxicos, a miúdo cunha temática erótica.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

As primeiras obras de Geefs caracterizáronse por un "estado de ánimo predominantemente elexíaco". Porén, a finais da década de 1830, desenvolveu un poderoso estilo realista en obras monumentais como Xeneral Belliard e Frédéric de Mérode (erixidas en Bruxelas, 1836 e 1837) e Peter Paul Rubens (Antuerpen, 1841).[2] Foi prolífico na produción de tumbas, púlpitos, estatuas, bustos e grupos esculturais.[3]
Obras[editar | editar a fonte]
A obra de Guillaume Geefs inclúe:
- Frédéric de Mérode (1833/1837), monumento na tumba.
- Xeneral Belliard (1836), rue Royale, Bruxelas.
- Vítimas da Revolución (1838).
- Leopoldo I
- Treurende Adonis (1839)
- Grétry (1842)
- Le génie du mal, na Catedral de San Paulo, Liexa.
- Carlomagno (1843), estatua na Basílica de San Servacio en Maastricht.
- O gladiador romano
- Le lion amoreux (1851), mármore, Royal Museums of Fine Arts of Belgium.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "ArtFact.". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2017.
- ↑ "Geefs, Guillaume (1805–1883)", Philatelia.net .
- ↑ catalogue. Charles Flint Art & Antiques