Firehose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "FIREHOSE")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Firehose
Mike Watt 2013.jpg
Mike Watt
OrixeSan Pedro (Os Ánxeles), Flag of the United States.svg
Período1986 - 1994
2012
Xénero(s)rock alternativo, post-punk, rock progresivo, punk rock
Selo(s) discográfico(s)SST Records, Columbia Records
MembrosEd Crawford
Mike Watt
George Hurley

Firehose (estilizado como fIREHOSE) foi unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de San Pedro (Os Ánxeles) e composta por Mike Watt (baixo, voces), Ed Crawford (guitarra, voces), e George Hurley (batería). O grupo estivo activo inicialmente dende 1986 ata 1994 e reuníuse en 2012.

Historia[editar | editar a fonte]

Firehose formouse na primavera de 1986, pouco despois de que a morte accidental de D. Boon rematase coa anterior banda de Watt e Hurley, Minutemen. Crawford, entón un estudante de 21 anos da Ohio State University e fan de Minutemen, foi invitado ao subir ao teito da furgoneta de Camper Van Beethoven en Columbus, Ohio.[1] Os membros de Camper Van Beethoven contáronlle a Crawford un rumor falso que falaba de que Watt e Hurley estaban facendo audicións para conseguir un guitarrista para o grupo.[2] Crawford, que atopou o número de teléfono de Watt na guía telefónca, chamouno expresando o seu desexo de ir a California e tocar con eles.[3] Aínda de loito pola perda do seu amigo Boon, Watt inicialmente non estivo interesado e perdera gran parte do seu interese por tocar,[4] porén, a insistencia de Crawford finalmente valeu a pena cando apareceu sen previo aviso en San Pedro e pedíulle a Watt a oportunidade de tocar para el.[3] Watt finalmente accedeu e os dous atopáronse con Crawford facendo unha audicion e tocando o tema de The Who "I'm One", ademais dun feixe de cancións de Minutemen.[3] Impresionados coa paixón e o entusiasmo de Crawford, Watt e Hurley acordaron darlle unha oportunidade ao inexperimentado "rapaz" de Ohio e formaron a banda. Crawford mudouse rapidamente a San Pedro onde pasou a ser coñecido como ed fROMOHIO, e pasou nove meses durmindo baixo un escritorio no apartamento dun único dormitorio de Watt. O nome da banda foi collido dunha curtamentraxe de Bob Dylan facendo "Subterranean Homesick Blues", xa que Watt pareceulle que era divertido cando Dylan levantaba unha tarxeta de referencia para as letras que dicía "firehose" (en galego é mangueira).

A banda realizou o seu primeiro concerto en xuño de 1986 e a finais dese ano publicou o seu álbum de estrea, Ragin', Full On, a través do selo independente SST. Ese mesmo ano tamén actuaron de abreconcertos para Sonic Youth na súa xira Flaming Telepaths Tour. O grupo gañou rapidamente unha leal base de seguidores, especialmente entre o movemento skate grazas en parte á inclusión dalgún do seu primeiro material en varios videos clave de skate de finais dos 80. "Brave Captain" de Ragin', Full On, ademais de "Sometimes", "Hear Me" e "Windmilling" do seu segundo álbum, If'n, apareceron na serie de videos "Streets on Fire" de Santa Cruz Skateboards.

No curso de sete anos e medio a banda desenvolveu a súa propia identidade musical distinta á de Minutemen, aínda que mantivo a mesma síntese dinámica de punk, funk e free jazz.[2] O grupo xirou sen parar tocando constantemente para audiencias cheas. Firehose realizou 980 concertos, e publicou cinco álbums e dous EPs antes de separarse no ano 1994. A banda realizou o seu derradeiro concerto o día 12 de febreiro de 1994 no Warner Grand Theatre en San Pedro, California.

Nunha entrevista para a revista Billboard Watt declarou "A meirande parte das bandas xiran para promocionar discos. Nos facemos discos para promocionar xiras".[5]

Despois da separación[editar | editar a fonte]

Tras a disolución da banda Mike Watt publicou catro álbums en solitario e estivo involucrado en numerosos proxectos musicais, incluído o dúo de baixos Dos (coa ex-baixista de Black Flag e a súa muller Kira Roessler), Banyan (co batería de Jane's Addiction Stephen Perkins), J Mascis + The Fog, The Stooges e Unknown Instructors (con George Hurley). Tamén presenta un programa de radio por internet titulado The Watt From Pedro Show.[6] Mike Watt, residente en San Pedro, California dende 1967, aínda vive alí.

George Hurley tamén estivo involucrado en varios proxectos musicais como Vida (co ex-membro de Black Flag Dez Cadena), Red Krayola e Tripod (os dous con Tom Watson), e Unknown Instructors. Ao igual que Watt, George Hurley tamén vive en San Pedro.

Ed Crawford tamén traballou nun feixe de proxectos como o trío de Carolina do Norte Grand National (non confundilo coa banda británica) ou o grupo de country alternativo Whiskeytown. No presente vive en Pittsburgh, Pensilvania e lidera o trío de rock alternativo FOOD.[7]

Reunión[editar | editar a fonte]

A principios do ano 2012 anunciouse que a banda reuniríase para os seus primeiros concertos en máis de 18 anos. Coincidindo coa reunión, publicouse un álbum recompilatorio que relata os seus principais traballos titulado lowFLOWS: The Columbia Anthology ('91-'93). O novo disco conta con Flyin' the Flannel, Live Totem Pole, Mr. Machinery Operator, e material extra, como cortes ao vivo e instrumentais.[8]

O 4 de xaneiro de 2012 Verbicide publicou un artigo detallando que, segundo o aviso dun lector, fixérase un anuncio no Harlow's en Sacramento, California, o día 29 de decembro de 2011 dicindo que Firehose actuaría no local o 5 de abril de 2012.[9] Pouco despois Firehose tamén confirmou que tocaría no Coachella Valley Music and Arts Festival de 2012 en Indio, California.[10] Unha pequena xira pola costa oeste bautizada Smokin' on the ol' pink pole comezou o 5 de abril en Harlow's e incluíu 14 datas, incluídas dúas en Coachella.

Despois de preguntarlle se Firehose estaba planeando facer un novo álbum, Mike Watt respostou, "Cando Edward preguntoume sobre facer novos concertos, tamén me dixo que quería compoñer... el tiña unha banda chamada Food, e dixo que estivera compoñendo cancións. Para esas dúas semanas de concertos só imos intentar algunhas das vellas. Pero el estivo falando sobre compoñer cancións. Entón, non sei, talvez no futuro".[7]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Ragin', Full On 1986 SST Records
If'n 1987 SST Records
Fromohio 1989 SST Records
Flyin' the Flannel 1991 Columbia Records
Mr. Machinery Operator 1993 Columbia Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "#46 The Van Part 1: When I Win The Lottery I’m Gonna Buy a New Van. « 300 Songs". web.archive.org. 2010-09-12. Consultado o 2019-11-18. 
  2. 2,0 2,1 BurnSilver, Glenn (2012-04-10). "fIREHOSE's Ed Crawford: "It Was Our Job. We F**kin' Showed Up Every Day."". Phoenix New Times. Consultado o 2019-11-18. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Thompson, Matthew (2013). "edFROMOHIO". Fluke Fanzine. 1 (11): 3-7.
  4. "fIREHOSE Interview 11-11-86". www.varmintcong.com. Consultado o 2019-11-18. 
  5. "fIREHOSE’s new box set showcases a band that was at its best onstage". Music (en inglés). Consultado o 2019-11-18. 
  6. "The Watt from Pedro Show". www.twfps.com. Consultado o 2019-11-18. 
  7. 7,0 7,1 Prato, Greg; Prato, Greg (2012-01-30). "Mike Watt on the fIREHOSE Reunion". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2019-11-18. 
  8. "fIREHOSE announce anthology - 'lowFLOWS' - News - Fake Walls". fakewalls.com (en inglés). Consultado o 2019-11-18. 
  9. "fIREHOSE to Reunite". Verbicide (en inglés). Consultado o 2019-11-18. 
  10. Coachella (2012-09-01). "psst... pass it on #Coachella2012pic.twitter.com/RKTMN5tW". @coachella (en inglés). Consultado o 2019-11-18.