D. Boon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1958 San Pedro, Estados Unidos, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de decembro de 1985 (27 anos) Tucson, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | Green Hills Memorial Park (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | San Pedro High School |
Actividade | |
Ocupación | compositor de cancións , guitarrista , cantautor |
Período de actividade | 1978 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | SST Records |
Obra | |
Obras destacables | |
Dennes Dale "D." Boon, nado o 1 de abril[1] de 1958 no barrio de San Pedro nos Ánxeles (California) e finado o 22 de decembro de 1985, foi un vocalista, compositor e guitarrista estadounidense. Boon foi coñecido por ser o guitarrista e cantante da banda californiana de hardcore punk Minutemen. En 1985 morreu nun accidente de tráfico con 27 anos de idade.
Biografía
[editar | editar a fonte]Mocidade
[editar | editar a fonte]O seu pai era un veterano da armada que traballaba instalando radios en coches Buick. A familia vivía en atigos barracóns da segunda guerra mundial que foran convertidos en vivendas públicas.[2] Na súa adolescencia Boon comezou a pintar e asinaba os seus traballos como "D. Boon", en parte porque "D" era o seu argot para cánnabis, en parte debido a Daniel Boone, pero principalmente porque era semellante a E. Bloom, o vocalista e guitarrista de Blue Öyster Cult.[3]
Minutemen
[editar | editar a fonte]Boon formou Minutemen en xaneiro de 1980 xunto co seu amigo da infancia Mike Watt no baixo. Ámbolos dous tocaran xuntos nunha banda anterior, The Reactionaries, e posteriormente incluirían en Minutemen ao batería desta, George Hurley. O grupo editaría catro álbums de estudio e oito EPs, sendo o seu traballo máis coñecido Double Nickels on the Dime.
Boon, xunto con Watt e o seu amigo Martin Tamburovich cofundaría tamén en 1980 o selo discográfico New Alliance Records, que publicaría traballos de Minutemen, Hüsker Dü ou Descendents.
Morte
[editar | editar a fonte]Minutemen estivo activa ata o 22 de decembro de 1985, cando Boon morreu nun accidente de furgoneta no deserto de Arizona, na Interestatal 10.[1][4] Debido a que estivera enfermo e con febre, Boon estaba deitado na parte traseira da furgoneta sen cinto de seguridade cando o vehículo saíu da estrada. Boon saíu disparado pola porta traseira do vehículo e morreu instantaneamente ao partir o pescozo.[5] Tiña 27 anos de idade. A banda disolveuse inmediatamente, aínda que Watt e Hurley formarían o grupo Firehose pouco despois. O álbum ao vivo Ballot Result foi publicado en 1987, dous anos despois da morte de Boon.
Estilo musical
[editar | editar a fonte]O estilo de Boon como guitarrista é moi característico; raramente usaba distorsión e adoitaba a configurar a ecualización do seu amplificador de xeito que só se podían escoitar as frecuencias agudas (as frecuencias baixas e medias silenciábaas completamente).[5] O seu estilo tiña un forte sentimento funk/blues, moi diferente ao doutras bandas hardcore punk dos anos 80.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Strong, Martin C (2003). The Great Indie Discography. Canongate. pp. 419-420. ISBN 1-84195-335-0.
- ↑ Azerrad, 2001. p. 63
- ↑ Azerrad, 2001. p. 64
- ↑ David Rees (2005). "What Would D. Boon Do?". The Huffington Post. Consultado o 11 de outubro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 Segalstad, Eric & Hunter, Josh (2009). The 27s: The Greatest Myth of Rock and Roll. North Atlantic Books. pp. 214, 217. ISBN 978-0-615-18964-2.
- ↑ Azerrad, Michael (2001). Our Band Could Be Your Life: Scenes From the American Indie Underground 1981–1991. Little Brown. ISBN 0-316-78753-1.