The Reactionaries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Reactionaries
OrixeSan Pedro, California,
Período1978 - 1979
Xénero(s)punk rock
Selo(s) discográfico(s)New Alliance Records, Water Under The Bridge Records
MembrosMartin Tamburovich
D. Boon
Mike Watt
George Hurley
Artistas relacionadosMinutemen, The Silvers, The Plebs, Firehose, Banyan, Hey Taxi!
Na rede
Musicbrainz: a53ede8f-d8a4-4c17-bc2d-457bfa9cb1c9 Discogs: 1643632 Editar o valor em Wikidata

The Reactionaries foi unha banda de punk rock formada en San Pedro, California no ano 1978.[1] Os seus membros foron o vocalista Martin Tamburovich, o guitarrista D. Boon, o baixista Mike Watt, e o batería George Hurley. The Reactionaries existiron durante a meirande parte dos anos 1978 e 1979, ensaiando con regularidade pero rara vez tocando ao vivo.[2] Tras a súa disolución a finais de 1979, Watt e Boon formaron Minutemen co batería Frank Tonche e Hurley uniuse a Hey Taxi!; Hurley uniríase a Minutemen pouco despois, substituíndo a Tonche como batería da banda.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Na época San Pedro era máis receptiva ás bandas de versións de rck clásico que aos artistas orixinais,[1] e a escena punk da próxima Os Ánxeles aínda non estaba preparada para tomarse a unha banda de San Pedro en serio. Un grupo que tomou a The Reactionaries en serio foi outra banda punk dos Ánxeles, Black Flag.[1]

A influencia e achega de Tamburovich permaneceu cos seus amigos e antigos compañeiros de banda durante toda a existencia de Minutemen; Watt, Boon, e Tamburovich cofundaron o selo New Alliance Records en 1980; Tamburovich contribuiría con letras para varias cancións de Minutemen e viaxou algunhas veces coa banda como roadie.

No existen gravacións formais de The Reactionaries exist, pero unha demo gravada en xaneiro de 1979 (posiblemente dun ensaioe) da canción "Tony Gets Wasted In Pedro" aparece no álbum recompilatorio de Minutemen The Politics of Time, editado por vez primeira en 1984 a través de New Alliance.[3] Cando Tamburovich morreu dunha infección bacteriana en 2003, Watt tocou "Tony Gets Wasted In Pedro" e tributo ao seu amigo no seu programa de radio de Internet The Watt from Pedro Show.

En 2009, o selo independente baseado en San Pedro Water Under The Bridge Records, editou o primeiro disco de The Reactionaries.[3] A primeira cara do LP contén dez cancións que a banda gravou no pendello de George Hurley en 1979, totalmente remasterizadas a partir da cinta orixinal. A segunda cara contén as mesmas dez cancións regravadas por diferentes músicos de San Pedro das anteriores catro décadas (incluídos George Hurley e Mike Watt). O disco, titulado 1979, foi lanzado oficialmente o 20 de febreiro de 2010.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 A wailing of a town : "an oral history of early San Pedro punk and more", 1977-1985 (primeira edición ed.). San Pedro, California. ISBN 978-0-9860971-0-2. OCLC 918618476. 
  2. "30 years later, D. Boon of the Minutemen remains a San Pedro legend | South Bay History". blogs.dailybreeze.com. Consultado o 2020-07-13. 
  3. 3,0 3,1 Margasak, Peter. "Pre-Minutemen Foursome the Reactionaries Surface on Vinyl". Chicago Reader (en inglés). Consultado o 2020-07-13. 
  4. "The Reactionaries - 1979". Discogs (en inglés). Consultado o 2020-07-13.