Expresionismo musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Expresionismo (música)»)
Arnold Schoenberg, figura clave do movemento expresionista.

O expresionismo musical probablemente aplicouse por primeira vez en 1918, especialmente a Schoenberg, porque do mesmo xeito que o pintor Vasili Kandinski (1866–1944) evitou as "formas tradicionais de beleza" para transmitir sentimentos poderosos na súa música.[1] Theodor Adorno ve o movemento expresionista na música, como buscando "eliminar todos os elementos convencionais da música tradicional, todo o que é ríxido". El ve isto como análogo "ao ideal literario do 'berro'". Adorno tamén ve a música expresionista, como buscando "a verdade do sentimento subxectivo sen ilusións, disfraces ou eufemismos". Adorno tamén considera á música expresionista como preocupada polo inconsciente, e afirma que "a representación do medo atópase no corazón" da música expresionista, onde predomina a disonancia, de modo que "o elemento harmónico e afirmativo da arte é desterrado".[2]

A miúdo a música expresionista presenta un alto nivel de disonancia, contrastes extremos de dinámica, cambios constantes de texturas, melodías e harmonías "distorsionadas" e melodías angulares con grandes saltos.[3]

Figuras relevantes[editar | editar a fonte]

As tres figuras centrais do expresionismo musical son Arnold Schoenberg (1874–1951) e os seus alumnos, Anton Webern (1883–1945) e Alban Berg (1885–1935), a chamada Segunda Escola de Viena. Outros compositores que se asociaron co expresionismo son Ernst Krenek (1900–1991) (a Segunda Sinfonía, 1922), Paul Hindemith (1895–1963) (Die junge Magd, Op. 23b, 1922, ambientando seis poemas de Georg Trakl), Igor Stravinskii (1882–1971) (Tres letras xaponesas, 1913), Aleksandr Skriabin (1872–1915) (Sonatas para piano tardías).[2] Outro expresionista importante foi Béla Bartók (1881–1945) nas súas primeiras obras, escritas na segunda década do século XX, como Bluebeard's Castle (1911), The Wooden Prince (1917), e The Miraculous Mandarin (1919).[4][5][6] Os compositores estadounidenses que "simpatizaron de tal intensificación da expresión" e que estiveron activos no mesmo período que as composicións atonais libres expresionistas de Schoenberg (entre 1908 e 1921) inclúen a Carl Ruggles, Dane Rudhyar e en certa medida, Charles Ives, cuxa canción Walt Whitman é un exemplo particularmente claro. Os precursores importantes do expresionismo son Richard Wagner (1813–1883), Gustav Mahler (1860–1911) e Richard Strauss (1864–1949). Os compositores posteriores, como Peter Maxwell Davies (1934-2016), "ás veces foron vistos perpetuando o expresionismo de Schoenberg, Berg e Webern", e o trazo máis distintivo de Heinz Holliger (n. 1939) "é evocación intensamente comprometida de ... o expresionismo esencialmente lírico atopado en Schoenberg, Berg e, especialmente, Webern".[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sadie, Stanley (ed.). 1991. The Norton Grove Concise Encyclopedia of Music. New York: W. W. Norton.
  2. 2,0 2,1 Adorno, Theodore. 2009. Night Music: Essays on Music 1928–1962, editado por Rolf Tiedemann, tranducido por Wieland Hoban. Londres, Nova York, e Calcuta: Seagull Books. ISBN 9781906497217.
  3. 2014. "Music: Expressionism". BBC GCSE Bitesize website (en inglés).
  4. Gagné, Nicole V. 2011. Historical Dictionary of Modern and Contemporary Classical Music. Plymouth: Scarecrow Press.
  5. Clements, Andrew. 2007. "Classical Preview: The Wooden Prince". The Guardian (5 de maio).
  6. Bayley, Amanda (ed.). 2001. The Cambridge Companion to Bartók. Cambridge: Cambridge University Press.
  7. Whittall, Arnold. 1999. "Holliger at 60: Keeping the Faith". The Musical Times 140, núm. 1867 (verán): 38–48.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Albright, Daniel. 2004. Modernism and Music: An Anthology of Sources. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-226-01267-0.
  • Behr, Shulamith, David Fanning, e Douglas Jarman. 1993. Expressionism Reassessed. Manchester e Nova York: Manchester University Press ISBN 0-7190-3843-X (cloth); 0719038448 (pbk).
  • Celestini, Federico. 2009. "Der Schrei und die Musik: Mahlers Klänge in Weberns Orchesterstück op. 6/2". En Webern21, editado por Dominik Schweiger e Nikolaus Urbanek, 55–71. Wiener Veröffentlichungen zur Musikgeschichte 8. Viena: Böhlau. ISBN 978-3-205-77165-4.
  • Crawford, John C., e Dorothy L Crawford. 1993. Expressionism in Twentieth-Century Music. Bloomington: Indiana University Press. ISBN 0-253-31473-9.
  • Fanning, David. 'Expressionism', Grove Music Online ed. L. Macy (Consultado o [12-06-2005]).
  • Franklin, Peter. 1993. "'Wilde Musik': Composers, Critics and Expressionism". En Expressionism Reassessed, editado por Shulamith Behr, David Fanning, e Douglas Jarman, 112–20. Manchester: Manchester University Press. ISBN 9780719038440.
  • Hailey, Christopher. 1993. "Musical Expressionism: The Search for Autonomy". En Expressionism Reassessed, editado por Shulamith Behr, David Fanning, e Douglas Jarman, 103–11. Manchester: Manchester University Press. ISBN 9780719038440.
  • Harrison, Daniel. 2004. "Max Reger Introduces Atonal Expressionism". The Musical Quarterly 87, núm. 4 (Inverno: Número Especial: Max Reger): 660–80.
  • Hinton, Stephen. 1993. "Defining Musical Expressionism: Schoenberg and Others". En Expressionism Reassessed, editado por Shulamith Behr, David Fanning, e Douglas Jarman, 121–29. Manchester: Manchester University Press. ISBN 9780719038440.
  • Lessem, Alan. 1974. "Schönberg and the Crisis of Expressionism". Music and Letters 55, núm. 4 (outubro): 429–36.
  • Neighbour, Oliver W., 'Glückliche Hand, die', Grove Music Online ed. L. Macy (Consultado o [12-06-2005]).
  • Neighbour, Oliver W., 'Erwartung', Grove Music Online ed. L. Macy (Consultado o [12-06-2005]).
  • Kandinsky, Wassily. 1914. The Art of Spiritual Harmony, traducido por M. T. H. Sadler. Londres: Constable and Company Limited. Reimpresión sen alteracións como Concerning the Spiritual in Art. Nova York: Dover Publications Inc. ISBN 0-486-23411-8. Edición revisada como Concerning the Spiritual in Art, tranducida por Michael Sadleir, con considerable retradución de Francis Golffing, Michael Harrison, e Ferdinand Ostertag. The Documents of Modern Art 5. Nova York: George Wittenborn, Inc., 1947. Nova tradución coma On the Spiritual in Art: First Complete English Translation with Four Full Colour Page Reproductions, Woodcuts and Half Tones, tradución de Hilla Rebay. Nova York: Solomon R. Guggenheim Foundation, 1946.
  • Poirier, Alain. 1995. L'Expressionnisme et la musique. París: Fayard. ISBN 2-213-59243-8.
  • Samson, Jim. 1977. Music In Transition. Londres: J. M. Dent & Sons Ltd.