Explorer 14
Explorer 14 | |
---|---|
Maqueta do Explorer 14. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 2 de outubro de 1962, 22:11 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta A[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Estudo dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2] |
Decaemento | 28 de maio de 1988[1] |
NSSDC ID | 1962-051A |
Masa | 40 kg[6] |
Explorer 14, tamén denominado EPE-B, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 2 de outubro de 1962 mediante un foguete Delta A desde Cabo Cañaveral.[2][5][7]
Características
[editar | editar a fonte]Explorer 14 foi o segundo membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Estaba adicado a facer observacións dos raios cósmicos, o vento solar e o campo magnético terrestre e interplanetario.[2][5][6]
O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 14 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase.
O satélite funcionou sen problemas excepto no período do 10 ao 24 de xaneiro de 1963 e despois do 11 de agosto dese mesmo ano debido a un problema co codificador de datos, que probou a finalización da recollida de datos usables. Obtivéronse datos útiles durante o 85% da vida do satélite. A velocidade de xiro inicial tras o lanzamento foi de 10 r.p.m., diminuíndo ata 1 r.p.m. o 8 de xullo de 1963.[2][5][8]
Explorer 14 foi inxectado nunha órbita inicial de 98.533 km de apoxeo e 281 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 32,95 graos e un período de 2 185 minutos. Reentrou na atmosfera o 28 de maio de 1988.[1][3][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Explorer 14 levaba os seguintes instrumentos a bordo:
- Analizador de protóns.
- Magnetómetros de porta de fluxo.
- Trampa para partículas ionizadas.
- Detector de raios cósmicos.
- Sensor de aspecto solar.
- Experimento de temporización electrolítica.
- Experimento de dano a células solares.
- Detector de centeleo de protóns-electróns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 14 (SERB 53A)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 14" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 7 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General" (62-28941). 11 de decembro de 1962: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 14 / EPE B" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: EPE A, B, C, D (S 3)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "EPE" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ "Explorer 14 Satellite Does Its Job Well". Lakeland Ledger: 14. 10 de outubro de 1962. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ "EXPLORER 14 SILENT" (PDF). FLIGHT International: 701. 24 de outubro de 1963. Consultado o 29 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer 14 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Silva, R. W.; Wolfe, J. H. (1 de agosto de 1965). "Explorer XIV plasma probe observations during October 7, 1962 geomagnetic disturbance". JOURNAL OF GEOPHYSICAL RESEARCH 70: 3575–3579. Consultado o 29 de decembro de 2012.