Saltar ao contido

Explorer 15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Explorer 15
Explorer 15.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento27 de outubro de 1962, 22:11 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorDelta A[2][5]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral[2]
Obxectivo da misiónEstudo do cinto de radiación artificial producido pola proba nuclear Starfish Prime.[2]
Decaemento15 de xaneiro de 1978[1]
NSSDC ID1962-059A
Masa44,4 kg[6]

Explorer 15, tamén denominado EPE-C, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 27 de outubro de 1962 mediante un foguete Delta A desde Cabo Cañaveral.[2][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Explorer 15 foi o terceiro membro do modelo de satélites EPE (Energetic Particles Explorer). Foi adicado a facer observacións dos efectos da proba nuclear Starfish Prime no espazo e do cinto de radiación artificial que se creou a causa dela.[2][5][6]

Explorer 15 usou os instrumentos científicos suplentes de Explorer 14, modificados para a súa nova misión. Entre eles incluíanse tres detectores de partículas para o estudo de electróns e protóns e un magnetómetro de porta de fluxo de dous eixos para o estudo do campo magnético. O satélite usaba un telémetro de 16 canais con multiplexación por división de tempo cunha velocidade de mostraxe de 0,324 s. Oito dos canais usábanse para procesar información de xeito dixital, e os outros oito para facelo analoxicamente. Explorer 15 estabilizábase mediante xiro, usando un sensor solar para medir a velocidade de rotación e a fase. Tras o lanzamento o satélite non conseguiu diminuír a súa velocidade de rotación inicial, co que se mantivo entre 72,9 e 73,2 r.p.m. durante todo o tempo da misión. As velocidades de rotación típicas dos seus antecesores rondaban as 30 r.p.m. O eixo de rotación apuntaba a unha ascensión recta de 80,97 graos e unha declinación de 20,9 graos.[2][5]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Explorer 15 levaba os seguintes instrumentos a bordo:

  • Detectores de estado sólido para electróns e protóns.
  • Detector de distribución angular.
  • Detector de centeleo de protóns-electróns.
  • Magnetómetros de porta de fluxo.
  • Detector direccional e omnidireccional de protóns e electróns enerxéticos.
  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 15 (SERB 53B)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (14 de maio de 2012). "Explorer 15" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  3. "Letter dated 10 December 1962 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Acting Secretary-General" (62-29259). 12 de decembro de 1962: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2005. Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Explorer 15" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: EPE A, B, C, D (S 3)" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "EPE" (en inglés). Consultado o 29 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]