Energetic Particles Explorer
Aparencia
(Redirección desde «EPE»)
Energetic Particles Explorer, ou abreviadamente EPE, e tamén coñecido como S 3, foi o nome dun modelo de satélites artificiais estadounidense pertencente ó programa Explorer e adicado ó estudo dos raios cósmicos, o vento solar, e o campo magnético terrestre e interplanetario.[1][2]
En total lanzáronse catro satélites da serie EPE, todos exitosos e lanzados desde a base de Cabo Cañaveral, o primeiro mediante un foguete Delta, os dous seguintes mediante foguetes Delta A e o último mediante un Delta C.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
16 de agosto de 1961, 3:21 GMT | Cabo Cañaveral | Explorer 12 | Éxito | Primeiro voo dun satélite da serie EPE. |
2 de outubro de 1962, 22:11 GMT | Cabo Cañaveral | Explorer 14 | Éxito | |
27 de outubro de 1962, 23:15 GMT | Cabo Cañaveral | Explorer 15 | Éxito | |
21 de decembro de 1964, 9:00 GMT | Cabo Cañaveral | Explorer 26 | Éxito | Último voo dun satélite da serie EPE. |