Evasión do Ciudad de Montevideo
A evasión do Ciudad de Montevideo foi a fuxida de republicanos galegos desde Malpica de Bergantiños a Douarnenez, no departamento de Finistère da Bretaña francesa, o 28 de xuño de 1937.
Historia[editar | editar a fonte]
A motora Ciudad de Montevideo fora construída en madeira en 1932, tiña unha eslora de 12,5 metros e unha manga de algo máis de 3 metros. Alcanzaba unha velocidade máxima de 5 millas por hora. Era propiedade de Evaristo Pose Doldán. A madrugada do 28 de xuño, con nove membros na súa tripulación, o Ciudad de Montevideo iniciou a fuga. Antonio Suárez Blanco era o patrón do barco. Bernardino Garrido era membro de Izquierda Republicana e un dos principais fuxitivos.
Na Enseada das Lapas, ao pé da Torre de Hércules da Coruña, recolleron a Antonio Pose “Xornes” de Malpica e a Balbino Oroza Otero, o seu cuñado, de Rinlo.
Un destrutor nazi que apoiaba o bloqueo do Mar Cantábrico pola frota franquista confundiunos con náufragos e deulles comida, combustible e marcoulles o rumbo para chegar a Brest.
Os fuxidos foron xulgados en Ferrol na causa 253/1937.
Os fuxidos[editar | editar a fonte]
- Bernardino Martín Garrido Carrillo
- Antonio Suárez Blanco
- Jesús Suárez Blanco
- José Suárez Blanco
- David Suárez Blanco
- Ramón Arcay Novo
- Bernardino Arcay Novo
- Luís Blanco Martínez
- Cándido Rodríguez Villar
- Antonio Pose Castiñeiras
- Balbino Oroza Otero
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pereira, Dionisio (2011). Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (PDF). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-182-4.
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2011). O mar e a memoria. O expediente Armesto. A Coruña: Laiovento. ISBN 978-84-8487-221-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rodríguez, Víctor: "60 hombres. Documento de guerra" O Talieiro, Revista Cultural da A. C. Tralla. Ano 2001, número 1 (en castelán).
- Varela, Pablo (12-12-2018). "A grande evasión de Malpica". Luzes.
- O Poliño, ou como fuxir da Guerra dende Malpica