Saltar ao contido

Evaristo Pérez de Castro Colomera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEvaristo Pérez de Castro Colomera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1769 Editar o valor en Wikidata
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1848 Editar o valor en Wikidata (78/79 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes de Cádiz
Embaixador de España na Liga Hanseática
Senador de España
Secretario de Estado de España
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, ministro, diplomático, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Moderado Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEvaristo Pérez de Castro Brito, Pedro Pérez de Castro Brito, Mariano Pérez de Castro Brito Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1599381


Evaristo Pérez de Castro Colomera, nado en Valladolid o 26 de outubro de 1769 e finado en Madrid o 28 de novembro de 1849, foi un político español, secretario de Estado (1820-1821) e presidente do Consello de Ministros (1838-1840), Gran Cruz da Orde de Carlos III.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi deputado nas Cortes de Cádiz, onde tivo un papel activo ao reclamar a soberanía nacional para as mesmas trala invasión napoleónica. Como primeiro secretario das mesmas, subscribiu o célebre Decreto de constitución de Cortes de 24 de setembro de 1810, onde aquelas se reclamaban depositarias da mesma.

Foi enviado como extraordinario en Lisboa en 1809-10, e a xunta de goberno comisionouno para ir a Baiona a entrevistarse con Fernando VII, cativo de Bonaparte. Foi deputado a Cortes en 1814, e entre 1817 e 1820 ministro de España nas cidades hanseáticas. Como Ministro de Graza e Xustiza durante o Trienio liberal (18 de marzo de 1820-2 de marzo de 1821), decretou a amnistía do 23 de abril de 1820, que permitiu o regreso a España dos afrancesados que se exiliaran como consecuencia da represión e persecución exercida contra eles por Fernando VII.[1] Trala década ominosa e o falecemento do rei, volveu á diplomacia.

Coa promulgación da Constitución de 1837 evolucionou cara a posturas moderadas. En momentos particularmente turbulentos, a raíña rexente María Cristina chamouno para encomendarlle a presidencia do Consello de Ministros, á fronte dun gabinete que combinaba moderados e progresistas. Estivo un ano e medio á fronte do goberno (9 de decembro de 1838-20 de xullo de 1840), con dúas reorganizacións en novembro do 39 e marzo do 40. Baixo o seu mandato, Baldomero Espartero firmou no seu nome e no da rexente o Convenio de Bergara, que puxo fin á Primeira Guerra Carlista.

O goberno de Pérez de Castro promulgou unha lei electoral que creaba pequenos distritos (favorables aos moderados) e usou da iniciativa lexislativa para presentar ante as Cortes a Lei de Concellos (1840), que preconizaba un modelo centralista de corte francés, coa designación dos alcaldes por parte do goberno. A aprobación desta lei dividiu a sociedade política da época e terminou coa renuncia da rexente María Cristina, por non avirse a negar a súa sanción da lei. Con Espartero encumiado como rexente, Pérez de Castro emigrou a Francia e non regresou até a súa caída en 1843.

Realizou a edición de Una correspondencia de Godoy con la reina María Luisa (Madrid, 1814) e foi un dos principais protectores de Francisco de Goya, que o inmortalizou nun retrato, así como á súa sobriña Sabasa García.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa portuguesa Francisca de Brito Pinto de Morais, e foi pai do político Evaristo Pérez de Castro Brito, do pintor Pedro Pérez de Castro Brito e do militar e escritor Mariano Pérez de Castro Brito.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Bernardino Fernández de Velasco
Evaristo Pérez de Castro Colomera
Precede a:
Antonio González y González
Presidente do Goberno de España
  1. Barbastro (1993), p. 22

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barbastro Gil, Luis (1993). Los afrancesados: Primera emigración política del siglo XIX español (1813-1820). Col. Monografías. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cientificas. ISBN 978-8400050047. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]