Eva Cassidy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eva Cassidy
Nome completoEva Marie Cassidy
Nacemento2 de febreiro de 1963
 Washington Hospital Center
Falecemento2 de novembro de 1996
 Bowie
CausaMelanoma maligno
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterBowie High School e Prince George's Community College
Ocupacióncantante, músico de jazz e guitarrista
PaiHugh Cassidy
editar datos en Wikidata ]

Eva Marie Cassidy, nada en Washington, D.C. o 2 de febreiro de 1963 e finada en Bowie (Maryland) o 2 de novembro de 1996, foi unha cantante norteamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acadou reputación local como intérprete de varios estilos musicais: jazz, blues, folk, gospel e pop. En 1996, ao morrer vítima de cancro, Eva Cassidy aínda era practicamente descoñecida fóra de Washington DC e Maryland. Mais a morte non pechou a súa traxectoria musical. Nunha recensión sobre o lanzamento de seu álbum American Tune, en 2003, o xornal inglés Daily Telegraph referiuse a ela como a protagonista da "máis memorábel carreira póstuma na historia da música pop".[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • The Other Side (1992), con Chuck Brown
  • Eva by Heart (1997) - único álbum gravado integramente no estudio
  • Live at Blues Alley (1997)
  • Songbird (1998) - compilación de álbums anteriores
  • Time After Time (2000)
  • No Boundaries (2000)
  • Method Actor (2002)
  • Imagine (2002)
  • American Tune (2003)
  • Wonderful World (2004)
  • Somewhere (2008)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]