Eurostopodus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eurostopodus mystacalis

Eurostopodus é un xénero de aves da orde dos caprimulxiformes, familia dos caprimúlxidos, un dos dous integrados na subfamilia dos eurostopodinos, da que é o seu xénero tipo.[1][2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descito en 1838 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould,[2][3] na súa obra A synopsis of the birds of Australia, and the adjacent islands.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Eurostopodus está formado pola unión dos elementos Eurosto- e -podos, ambos os dous tirados do grego antigo εύρωστος eúrōstos, "forte", e πούς poús, "pé", respectvivamente.[4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, o xénero foi coñecido tamén polos sinónimos:[2]

  • Eurostopus Sundevall, 1873
  • Eurystopodus Wiegmann, 1838

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero comprende as seguintes sete especies:[2][3]

Distribución[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero habitan en Australia Indonesia, Nova Guinea, illas Salomón e Nova Caledonia.

Características[editar | editar a fonte]

Este xénero distínguse dos caprimúlxidos do Vello Mundo por careceren de longas serdas na base dos peteiros, e tamén mostra algunhas características que non comparten coas subfamilias dos caprimulxinos e dos cordeilinos, como teren un tamaño maior ou a presenza variábel de penachos na cabeza (cristas), xuvenís con plumaxe avermellada, períodos de incubación longos e ovos con manchas de cor marrón-vermella e negra.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Subfamily Eurostopodinae Sibley et al., 1988 en Zoonomen. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Eurostopodus Gould, 1838 no GBIF. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
  3. 3,0 3,1 3,2 Eurostopodus Gould, 1838 na BioLib. Consultada o 16 de xaneiro de 2023.
  4. Great-eared Nightjar Eurostopodus macrotis en ogaclicks.com, 2019.
  5. Holyoak, D. T. (2001): Nightjars and their Allies. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4987-1

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cleere, Nigel & Nurney, David (1998): Nightjars: A Guide to the Nightjars, Frogmouths, Potoos, Oilbird and Owlet-nightjars of the World. Londres: Christopher Helm. ISBN 1-8734-0348-8.
  • Sibley, C. G., Ahlquist, J. E. & Monroe, B. L., Jr (1988): "A classification of living birds of the world based on DNA-DNA hybridization studies". Auk 105: 409-423. (Texto completo).

Outros artigos[editar | editar a fonte]