Saltar ao contido

Avenoiteiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Caprimulgidae»)
Avenoiteiras
Caprimulgidae
Nicholas Aylward Vigors 1825 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCaprimulgiformes
FamiliaCaprimulgidae Editar o valor en Wikidata
Vigors, 1825 Caprimulgidae Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0cdck Editar o valor en Wikidata
ITIS177958 Editar o valor en Wikidata
OTT275127 Editar o valor en Wikidata
CoL7PQ Editar o valor en Wikidata
EOL7971 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

As avenoiteiras, noiteboas,[1] noitebras ou noitaregas[2] é o nome co que se coñecen popularmente as aves da orde dos caprimulxiformes pertencentes á familia dos caprimúlxidos.

Estes nomes débense aos seus hábitos nocturnos. Son aves de ás longas e patas curtas, que normalmente fan o seu niño no chan e que se alimentan de insectos voadores, como bolboretas e mosquitos. Os membros deste grupo atópanse amplamente espallados no mundo.

Os caprimúlxidos son aves pouco coñecidas, sobre todo debido aos seus hábitos nocturnos e á súa plumaxe críptica. Porén, están espallados por todo o planeta, principalmente nas rexións máis quentes. Teñen o costume de vivir preto de rabaños, xa que estes lles garanten unha boa concentración de insectos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Subfamilia Chordeilinae

Subfamilia Caprimulginae

Subfamilia Eurostopodidae


  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. VV.AA. (2008): Dicionario Xerais Galego-Castelán, Castellano-Gallego. Vigo: Ed. Xerais, páx. 75.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]