European Remote Sensing Satellite 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
European Remote Sensing Satellite 2 / ERS 2
ERS 2.jpg
Maqueta do ERS 2
TipoObservación terrestre
OrganizaciónAxencia Espacial Europea
Destino actualEn órbita, fora de servizo.name=n2yo/>
Data de lanzamento21 de abril de 1995, 1:44 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAriane 4[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro espacial de Kourou[2]
Obxectivo da misiónObservación terrestre.[2]
NSSDC ID1995-021A
Masa2516 kg[6]
Datos orbitais
Semieixo maior7148 km[1]
Inclinación98,2 graos
Apoapse802,8 km[1]
Periapse753,0 km[1]

European Remote Sensing Satellite 2 (ERS 2) foi un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 21 de abril de 1995 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa.[2][2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

ERS 2 foi o sucesor de ERS 1. Estaba adicado á observación terrestre para o estudo dos océanos, as capas polares e as rexións costeiras. Proporcionou medidas sistemáticas e continuas da velocidade do vento e a súa dirección, da altura das ondas, das alturas superficiais, da temperatura, da cuberta nubosa e dos niveis de vapor de auga na atmosfera. Construíuse basándose no bus dos satélites franceses SPOT.[2][5][6]

O satélite tiña o seu centro de control en Darmstadt (Alemaña), cun gran número de estacións terrestres participando no seguimento e a recollida de datos.[6]

ERS solapou a súa misión durante uns meses coa de ERS 1, proporcionando un valor engadido en forma de obtención simultánea de datos. Posteriormente, en 2002, se lanzou o que se considera como heredeiro de ámbolos dous ERS, o Envisat 1. ERS 2 foi posto fora de servizo en xullo de 2011[5][6]

A nave[editar | editar a fonte]

ERS 2 estabilizábase nos tres eixos, cunha precisión no apuntado de 0,11 graos en cabeceo e rolamento, e de 0,21 graos en guiñada. A enerxía proporcionábaa un único panel solar de 11,7 m de longo e 2,4 m de ancho cunha potencia máxima de saída de 2600 vatios que alimentaba un conxunto de baterías de níquel-cadmio cunha capacidade de almacenamento de 2,65 kWh. A antena do SAR medía 10 m de longo por 1 m de ancho. As comunicacións tiñan lugar en banda S a 2 kbps e en banda X a 105 Mbps ou 15 Mbps. O sistema de almacenamento de datos de a bordo consistía nunha cinta magnética capaz de almacenar ata 6,5 Gbits de datos. O control de actitude conseguíase mediante pequenos propulsores alimentados con hidracina, mentres que a orientación era proporcionada por sensores solares e de horizonte e por xiroscopios.[2][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

ERS 2 levaba a bordo seis instrumentos principais:[2][5][6]

  • AMI (Active Microwave Instrument): incluía o radar de apertura sintética, o dispersómetro de ondas e o dispersómetro de vento. O SAR podía funcionar en dous modos: o modo de obtención de imaxes rexistraba longas franxas de terreo sobre océanos, polos, costas e terra; o modo de ondas obtiña datos en cadrados de 5 x 5 km de maneira regular sobre o océano para derivar a dirección e altura das ondas. O dispersómetro de vento usaba tres antenas para medir a forza e dirección do vento na superficie do mar.
  • Altímetro Radar (RA): proporcionaba medicións precisas da elevación da superficie do mar, altura das ondas, parámetros do xeo e unha estimación da velocidade do vento en superficie.
  • Radiómetro e sondeador de exploración (ASTR-M): medía a temperatura superficial do mar e da cima da cuberta de nubes, así como o contido de vapor de auga da atmosfera, mediante o uso dun radiómetro infravermello e un sondeador de microondas.
  • Reflector láser (LRR): usado para a determinación precisa da órbita e calibración do RA.
  • Equipamento de seguimento de precisión (PRARE): usado para a determinación da órbita.
  • GOME (Global Ozone Monitor): monitorizaba a cantidade de ozono e de gases destrutores de ozono na atmosfera.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ERS 2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2012). "ERS 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  3. "Letter dated 16 May 1995 from the Legal Counsellor of the European Space Agency addressed to the Secretary-General" (PDF) (95-55923T). 10 de xullo de 1995: 2. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. [Ligazón morta]
  4. Claude Lafleur (2010). "ERS 2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ERS 1, 2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "ERS 2-2" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]