Environmental Research Satellites

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Environmental Research Satellites, ou abreviadamente ERS, foi o nome dun tipo de satélites artificiais estadounidense adicado á realización de medicións e experimentos tecnolóxicos e de enxeñería no espazo.[1][2][3][4][5][6][7]

Segundo o modelo, os satélites ERS variaban en masa de 0,7 a 45 kg, en tamaño de 22 a 51 cm de diámetro, e podían levar entre un e 14 experimentos a bordo. Para abaratar custos, os satélites ERS eran lanzados como carga secundaria xunto con satélites máis grandes. Unha das funcións principais dos experimentos dos ERS era determinar a fiabilidade de compoñentes mellorados e subsistemas destinados a ser usados en satélites posteriores.[1][2][3][4][5][6][7]

Unha características especial dos satélites ERS era que funcionaban sen batería, tan só usaban células solares integradas na superficie dos satélites.[1][2][3][4][5][6][7]

Lanzáronse ata 33 satélites do tipo ERS tanto desde a base de Cabo Cañaveral como desde a Base Vandenberg da Forza Aérea e mediante foguetes Atlas e Delta.[1][2][3][4][5][6][7][8]

Os ERS dividíanse en diferentes familias que usaban diferentes designacións:

  • TRS (Tetrahedron Research Satellite): foron dos primeiros satélites ERS e tiñan forma tetraédrica.
  • ORS (Octahedron Research Satellite): tiñan forma octaédrica.
  • OV5 (Orbiting Vehicle).
  • TTS (Test and Training Satellite).

Varios dos satélites non se lanzaron por ser prototipos ou non se dispón de información sobre eles. Son os ERS 11 (prototipo) e os ERS 14, 19 e do 22 ao 25 inclusive (sen datos).[8]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2][3][4][5][6][7][8] Rampla de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8] Carga[1][2][3][4][5][6][7][8] Resultado[1][2][3][4][5][6][7][8] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8]
17 de setembro de 1962 Base Vandenberg TRS 1 (ERS 2) Éxito parcial Primeiro lanzamento dun satélite ERS.
11 de novembro de 1962 Base Vandenberg ERS 1 Fallo
17 de decembro de 1962 Base Vandenberg ERS 3 Fallo
17 de decembro de 1962 Base Vandenberg ERS 4 Fallo
9 de maio de 1963 Base Vandenberg TRS 2 (ERS 5) Éxito
9 de maio de 1963 Base Vandenberg TRS 3 (ERS 6) Éxito
12 de xuño de 1963 Base Vandenberg ERS 7 Fallo
12 de xuño de 1963 Base Vandenberg ERS 8 Fallo
19 de xullo de 1963 Base Vandenberg TRS 4 Éxito
19 de xullo de 1963 Base Vandenberg ERS 10 Fallo O satélite non se separou do satélite principal, Midas 9.
17 de outubro de 1963 Cabo Cañaveral TRS 5 Éxito
17 de xullo de 1964 Cabo Cañaveral TRS 6 Éxito
20 de xullo de 1965 Cabo Cañaveral ORS 3 Éxito
9 de xuño de 1966 Base Vandenberg ORS 2 Éxito parcial
19 de agosto de 1966 Base Vandenberg ORS 1 Éxito
28 de abril de 1967 Cabo Cañaveral ORS 4 Éxito
28 de abril de 1967 Cabo Cañaveral OV5 1 Éxito
28 de abril de 1967 Cabo Cañaveral OV5 3 Éxito
13 de decembro de 1967 Cabo Cañaveral TTS 1 Éxito
16 de agosto de 1968 Base Vandenberg OV5 8 Fallo
26 de setembro de 1968 Cabo Cañaveral OV5 2 Éxito
26 de setembro de 1968 Cabo Cañaveral OV5 4 Éxito
8 de novembro de 1968 Cabo Cañaveral TTS 2 Éxito
23 de maio de 1969 Cabo Cañaveral OV5 5 Éxito
23 de maio de 1969 Cabo Cañaveral OV5 6 Éxito
23 de maio de 1969 Cabo Cañaveral OV5 9 Éxito
27 de agosto de 1969 Cabo Cañaveral TTS 3 Fallo
29 de setembro de 1971 Cabo Cañaveral TTS 4 Éxito Último voo dun satélite ERS.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2011). "ERS" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk. 1 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TRS Mk.2 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ORS Mk.2 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ORS Mk.3 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "OV5 (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 7,8 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "TTS, TETR (ERS)" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Jos Heyman (2005). "ERS" (en inglés). Consultado o 1 de xaneiro de 2013.