Ettore Lorenzo Frapiccini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ettore Lorenzo Frapiccini
Nacemento17 de novembro de 1957
  Buenos Aires.
Arxentina
ÁreaGravado de moedas e medallas.
EducaciónEscola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli.
NacionalidadeItalia Italiano
Sinatura
Marca de gravador (E.L.F.) en moedas de 2 euros de San Marino.
editar datos en Wikidata ]


Ettore Lorenzo Frapiccini, nado en Buenos Aires, Arxentina, o 17 de novembro de 1957, é un gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Buenos aires en 1957, no seo dunha familia de orixe italiana, Frapiccini viviu en Italia desde 1964.[1]

Herdou do seu pai pintor a súa afección pola arte. Na súa xuventude asistiu ao Instituto Estatal de Arte de Macerata e, logo dun período universitario, cursou estudos de medallística na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, en Roma, entre 1979 e 1981.[1]

Posteriormente traballou como gravador nos establecementos Emilio Senese, de Milán, e Pacchiani e Barlacchi, de Florencia, ata que en 1984 ingresou no cadro de gravadores do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato.[1]

Obra[editar | editar a fonte]

Moeda de 200 liras de 1997, conmemorativa do centenario da Liga Naval Italiana.[2]

Frapiccini ié autor dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.[1][3]

Entre os seus traballos máis salientables están as moedas italianas de 200 liras conmemorativas de 1997[2] e de 1999,[4] o anverso da moeda de cinco céntimos de euro de Italia que amosa unha vista do Coliseo romano,[5] ou os anversos da serie ordinaria en euros de San Marino.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]