A estrelamar ou estrela de mar é un animal equinodermo que ten polo xeral cinco brazos a partir dun centro con simetría pentarradial. Enuméranse polo menos 1.600 especies repartidas en máis de trinta familias en todos os océanos. As estrelamares non teñen esqueleto e desprázanse mediante pseudópodos. Contan con pequenos tubos na cara ventral, presentes igualmente nos ourizos do mar, que poden proxectar auga e que serven para a locomoción e a alimentación.
Denomínase tamén rañacú, pola súa áspera superficie.
Co nome de estrelamar tamén se denominan dúas plantas:
Plantago coronopus, acianos, estrela de mar, herba estrela (pola súa forma estrelada).