Esther Pedrosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsther Pedrosa
Biografía
Nacemento19 de maio de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2600855

Esther Pedrosa Carrete, nada en Santiago de Compostela o 19 de maio de 1961, é unha atleta, adestradora e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como atleta dedicouse sobre todo ao gran fondo (distancias superiores aos 5km). Foi un nome importante no atletismo galego na década de 1980, se ben prolongou a súa carreira deportiva e obtivo os títulos máis importantes como atleta veterana. Compite tanto en pista como en circuítos de cross.

Na década de 1980 foi a dominadora das distancias longas no atletismo galego. A partir do seu primeiro título galego de cross, en 1983, empezou a sumar títulos autonómicos en 3000m, 5000m e 10000m, tanto en cross, como en pista (aire libre e cuberta). Como adoita ser habitual, cos anos foi frecuentando máis as probas de distancias longas.

Gañou 19 títulos galegos en categoría absoluta ao longo de dúas décadas: 4 de cross (1983, 1985, 1987 e 1997), 9 de 3000m (1986 en aire libre e pista cuberta, 1987 al. e pc., 1988 al. e pc., 1989 pc., 1991 pc. e 1994 pc.), un de 5000 (1996) e cinco de 10000m (1989, 1990, 1993, 1994 e 1996)[1].

Mentres en Galicia competía nas distancias máis longas dos campionatos, en España participaba en probas aínda máis longas en estrada: a mediados dos oitenta conseguiu a medalla de prata (1985) e a de ouro (1986) nos campionatos de España de 20 km. Tamén obtivo a medalla de prata nos 10 000m nos campionatos de España de 1986 e 1987, así como nos campionatos de España de 3000m en pista cuberta en 1989 e 1990. Recuncou no subcampionato de 10000 en 1995. Internacionalmente competiu en probas de 10 km, 15 km, medio maratón (23,1 km) e maratón (42,2 km), e foi seleccionada española nos campionatos do mundo de 15 km en estrada en dúas ocasións (1986 e 1991)[2].

A finais dos anos 90 empezou a participar con éxito en maratóns e medios maratóns, e foi segunda nos maratóns de Donostia (1997 e 1998) e Valencia (1999).

Xa como atleta veterana[3] proclamouse campioa do mundo de cross, e subcampioa mundial de 1500m, de cross, e de 3000m en pista cuberta nas súas correspondentes categorías de idade.

Fóra das pistas[editar | editar a fonte]

Como política, foi elixida concelleira en Santiago de Compostela polo PSdeG-PSOE nos comicios municipais de 2019. Como o cabeza da súa lista, Sánchez Bugallo, chegou á alcaldía, pasou a ocupar responsabilidades de goberno (concellería de Deportes e Benestar animal).

Ademais, traballou como técnica do servizo de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela, departamento dirixido polo que é ao mesmo tempo o seu adestrador persoal, Mariano García-Verdugo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Currículum de Esther Pedrosa" (PDF). Federación Galega de Atletismo. Consultado o 9/11/2022. 
  2. "Esther Pedrosa". worldathletics.org. Consultado o 2022-11-09. 
  3. "La concejala Esther Pedrosa, mejor fondista europea del año en los Best Masters Awards". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-12-09. Consultado o 2022-11-09.