Saltar ao contido

Esther Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEsther Estévez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Verín, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm13672857 Twitter: esther_estevez_ Instagram: esther.estevez Editar o valor en Wikidata
Esther Estévez nunha entrevista en Nós TV.

Esther Estévez Casado, nada en Verín o 18 de novembro de 1997,[1] é unha xornalista galega, presentadora do programa da TVG Dígocho eu dende 2020, de divulgación para mellorar o uso da lingua galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, e após rematar os estudos en 2019, Esther fixo prácticas na Radio Galega e Nós Televisión. Desde setembro de 2019 traballa no departamento de Tempo Real, na Área de Información da TVG, e presenta o programa Dígocho eu dende xaneiro de 2020.[1] Trátase dun programa diario de curta duración que se difunde a través de G24.gal,[2] e redes sociais como YouTube, Instagram e TikTok.

O 18 de outubro de 2020 Estévez pasou a presentar tamén o programa Cachadas,[3] un espazo semanal de humor que recolle algúns dos momentos divertidos da programación da TVG. Ten participado noutros programas de TVG como o Luar ou o especial 25 de xullo de 2022.[4]

Dende o 17 de maio de 2021 Esther presenta Dígocho eu no Twitch da CRTVG con dous programas semanais: o primeiro, «O reto do #DígochoEu», onde realiza entrevistas e probas lingüísticas a personaxes relevantes galegofalantes; e o segundo, «Apuntamento lusófono», que se emite dende o 19 de maio, o cal presenta xunto co actor portugués Rodrigo Paganelli, no cal Esther trata de aprender portugués, e Rodrigo galego. Posteriormente, estes programas son resubidos á páxina web e a canle de YouTube da TVG.[5]

O 19 de marzo de 2022 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora na 20ª edición dos premios[6] polo programa Dígocho eu, que tamén gañou o premio a mellor programa de televisión. Na 21ª edición dos Premios Mestre Mateo en 2023, volveu gañar outra vez o premio á mellor comunicadora.[7]

En 2023 comezou a presentar o Luar trala marcha temporal de Xosé Ramón Gayoso. Estévez segue colaborando en dito programa xunto con Gayoso.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Programa Resultado
2022 Mellor comunicadora Dígocho eu Gañadora
2023 Mellor comunicadora Dígocho eu Gañadora
  1. 1,0 1,1 "Esther Estévez LGx15". lgx15.gal. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  2. "Dígocho eu en G24Noticias". crtvg.es. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  3. "Cachadas en CRTVG". crtvg.es. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  4. REDACCIÓN (2022-07-25). "A TVG ofrece a súa ‘Gala do 25 de Xullo’ con Tanxugueiras e Heredeiros". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2022-07-26. 
  5. O actor portugués Rodrigo Paganelli ficha polo #DígochoEu da CRTVG en Twitch
  6. crtvg.es, ed. (20 de marzo de 2022). "Esther Estévez recibe o Premio á Mellor Comunicadora 2022". Consultado o 21 de marzo de 2022. 
  7. Suárez, Ricardo (2023-03-12). "'O Corpo Aberto' consegue 12 premios na edición dos Mestre Mateo de 2023". Nós Diario. Consultado o 2023-03-12.