Esther Brand
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de setembro de 1922 Springbok |
| Morte | 20 de xuño de 2015 Bloemfontein |
| Causa da morte | morte accidental, caída de altura |
| Actividade | |
| Ocupación | atleta |
| Nacionalidade deportiva | Suráfrica |
| Deporte | atletismo |
| Disciplina deportiva | lanzamento de disco salto de altura |
| Participou en | |
| 19 de xullo de 1952 | Xogos Olímpicos de 1952 |
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Competindo para | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Helsinqui 1952 | Salto de altura | ||
Esther Cornelia Brand, nada como van Heerden o 29 de setembro de 1922 e finada o 20 de xuño de 2015, foi unha atleta surafricana. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1952 e gañou a medalla de ouro en salto de altura, clasificándose no posto 20 en lanzamento de disco. Brand estaba clasificada no primeiro posto mundial en salto de altura en 1940–41 e 1952, no terceiro posto en 1951 e no quinto en 1939. En 1941, igualou o récord do mundo de 1,66 m.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Springbok, no Cabo Setentrional, asistiu ó instituto Maitland de Cidade do Cabo, Suráfrica.[1] Morreu por mor dunha caída en 2015.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Ester Brand. sports-reference.com
- ↑ Olimpiese atleet Esther Brand (92) ‘blaas stil laaste asem uit’. netwerk24.com (21 de xuño de 2015) (en afrikaans)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esther Brand |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- In memoriam (en inglés)