Bobby Sands

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bobby Sands
Bobby sands mural in belfast320.jpg
Nome completo Roibeard Gearóid Ó Seachnasaigh e Robert Gerard Sands
Nacemento 9 de marzo de 1954
Lugar Rathcoole
Falecemento 5 de maio de 1981
Lugar HM Prison Maze
Causa Inanición
Soterrado Milltown Cemetery
Nacionalidade Irlanda e Reino Unido
Relixión Igrexa católica
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Robert George Sands, en irlandés Roibeárd Gearóid Ó Seachnasaigh, coñecido popularmente como Bobby Sands, nado en Irlanda do Norte o 9 de marzo de 1954 e finado o 5 de maio de 1981, foi membro da IRA Provisional (Exercito Republicano Irlandés Provisional) e do Parlamento Británico, finado durante as folgas de fame de 1981 na prisión de Maze (coñecida como Long Kesh). Foi o principal líder da IRA durante a folga de fame, na que os republicanos irlandeses protestaban contra a retirada do status de Categoría Especial (similar ao de prisioneiros de guerra) aos membros de organizacións paramilitares nacionalistas irlandesas. No transcurso da folga, Sands conseguiu ser elixido membro do Parlamento Británico. A súa morte provocou a incorporación de novos recrutas ás filas do IRA e un rexurdir da actividade paramilitar da organización. A folga chamou a atención mundial dos medios de comunicación cara ao conflito irlandés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]