International Satellite for Ionosphere Studies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

International Satellite for Ionosphere Studies ou ISIS 1 e 2 foron un par de satélites do Canadá adicados ao estudo da magnetosfera e a ionosfera terrestres.[1][2][1]

Características[editar | editar a fonte]

Lanzáronse dous satélites ISIS, o 1 e o 2, mediante foguetes Delta E1, o primeiro o 30 de xaneiro de 1969 e o segundo o 1 de abril de 1971, ambos desde a Base Vandenberg da Forza Aérea. Os satélites pertencían á Axencia Espacial Canadense e foron lanzados para estudar a magnetosfera e a ionosfera terrestres. Levaban, entre outros instrumentos, sondas iónicas, receptores de VLF, detectores de partículas, un espectrómetro de masas, unha sonda electrostática, un analizador electrostático, unha baliza transmisora e un experimento de ruído cósmico. Os satélites estabilizábanse a entre 2 e 3 r.p.m. e tiñan unha masa de 241 e 264 kg respectivamente. Levaban a bordo unha grabadora de cinta con capacidade para unha hora de datos.[1][2]

Ambos satélites deixaron de operar o 9 de marzo de 1984, pero foron reactivados posteriormente a petición do Laboratorio de Investigación da Radio de Tokio para facer experimentos. Foron desactivados definitivamente o 24 de xaneiro de 1990.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2020). "Isis" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "ISIS 1, 2" (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]