Estación de Puente Genil-Herrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Puente Genil-Herrera
SituaciónPuente Genil/Herrera
Servizosrestauración aparcamiento Feature ticket office.svg
Liñas
Alta velocidadeAVE.svg
Avant.svg
Intermodalidade
OutrosAutobuses urbanos e interurbanos

Puente Genil-Herrera é unha estación de alta velocidade de Adif, situada na estrada A-318, sobre o límite provincial entre Córdoba e Sevilla, entre as cidades de Puente Genil e Herrera.

Esta estación forma parte da liña de alta velocidade Córdoba-Málaga. Dá servizo, xunto coa estación de Antequera-Santa Ana, á poboación da zona central de Andalucía.

Características[editar | editar a fonte]

A liña de alta velocidade Córdoba-Málaga está deseñada para soportar velocidades de tráfico de ata 350 km/h; con todo, os trens comerciais teñen un límite de velocidade de 300 km/h.

Os trens máis rápidos de Renfe, o AVE e o Avant, comunican a Puente Genil-Herrera con Córdoba en 23 minutos, e con Antequera-Santa Ana en só 12.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longo Percorrido[editar | editar a fonte]

O servizo AVE Madrid-Málaga realízase en 15 ocasións ao día en ambos os sentidos, parando en Puente Genil-Herrera en cinco destas. O AVE Barcelona-Málaga circula unha vez ao día, parando nesta estación durante o día, e un tren Talgo comezará a prestar un servizo nocturno no mesmo traxecto desde o día 26 de xaneiro de 2009

Nome do tren Orixe/Destino Paradas intermedias Características
AVE Madrid-Puerta de Atocha Córdoba-Central · Puertollano · Cidade Real 15 trens diarios por sentido
Málaga-María Zambrano Antequera-Santa Ana
AVE Barcelona-Sants Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona 1 tren diario por sentido
Málaga-María Zambrano Antequera-Santa Ana
Talgo Barcelona-Sants Córdoba-Central · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona 1 tren diario por sentido
Málaga-María Zambrano Antequera-Santa Ana

Media Distancia[editar | editar a fonte]

O servizo Avant Sevilla-Córdoba-Málaga realízase en 5 ocasións ao día en ambos sentidos, parando sempre en Puente Genil-Herrera.

Nome do tren Orixe/Destino Paradas intermedias Características
Avant Sevilla-Santa Justa Córdoba-Central 5 trens diarios por sentido
Málaga-María Zambrano Antequera-Santa Ana