Saltar ao contido

Estación de Sevilla-Santa Justa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estación de Santa Justa»)


Sevilla-Santa Justa
Fachada da estación
SituaciónSevilla
Servizosrestauración aparcamiento
Liñas
Alta velocidade
Longa DistanciaAltaria, Arco, Trenhotel
Media distanciaA-1, A-2, A-3, A-7, A-8
Cercanías (Proximidades Sevilla)
Intermodalidade
Outros    (en proxecto) 
Andens e vías da estación

Sevilla–Santa Justa é a principal estación ferroviaria da cidade de Sevilla, inaugurada o 2 de maio de 1991[1]. A súa apertura supuxo o peche das históricas estacións de Plaza de Armas e de San Bernardo. É a terceira estación de España, tras as de Madrid-Atocha e Barcelona-Sants cun volume de viaxeiros próximo aos 13 millóns anuais dos cales ao redor de 7 millóns correspóndense co tráfico de proximidade.[2]

Os seus traxectos de Longa e Media Distancia, usando tanto a rede convencional como a rede de alta velocidade conectan Sevilla con destinos nacionais como Madrid, Barcelona, Valencia e o resto de Andalucía. Concentra o maior tráfico de proximidades da cidade ao confluír nela todas as liñas da rede.

Está situada nun dos principais accesos a Sevilla, a avenida de Kansas City, continuación natural cara ao centro da N-IV e moi preto do centro histórico.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

Sevilla-Santa Justa atópase a 9 metros de altitude no trazado da liña férrea de ancho internacional e alta velocidade Madrid-Sevilla, punto quilométrico 470,2.[3]

Forma parte tamén da liña de ancho ibérico Alcázar de San Juan-Cádiz, pk 571,1 que segue o trazado clásico da liña xeral a Andalucía.[4]

A idea de facilitar o acceso a Andalucía cun tren de alta velocidade comezouse a fraguar polo goberno español en 1986 cando decidiron construír o novo acceso ferroviario a Andalucía en ancho internacional para circular a alta velocidade como xa existía noutros países. Xorde así a necesidade dunha nova estación para dotar á cidade dun acceso rápido desde o eixo central con motivo das inminentes visitas e movementos en masa que se esperaba que ocasionaría o futuro evento que estaba por celebrarse, a Expo'92. Proxectada polo estudo de arquitectura sevillano Cruz y Ortiz[5], foi construída entre os anos 1987 e 1991.[1]

O 2 de maio de 1991 (data da inauguración e entrada en funcionamento do novo acceso ferroviario a Andalucía) abriuse ao público como hoxe coñécese, e absorbeu os servizos ferroviarios que anteriormente ofrecían as antigas estacións de Plaza de Armas e de San Bernardo.

Ata 1992, o ferrocarril atravesaba a cidade por lugares como a marxe do río Guadalquivir e en superficie cruzando o eixo formado polas rúas Luis Montoto e Eduardo Dato, coa estación de Cádiz como paso fundamental. Coa construción da nova infraestrutura, as vías desapareceron do tramo mencionado ata a meridional estación de San Bernardo, a ponte de Luis Montoto foi desmantelada e facilitouse o acceso á circulación de vehículos con tres novas avenidas. A beira do río desafogouse e construíronse a larguísima Avenida de Torneo e unha gran zona axardinada.

<< Orixe/destino Liña Destino/orixe >>
Lora do Río Utrera
Cazalla-Constantina -
circular circular
Liña Destino Observacións
A-1 Cádiz Andalucía Exprés, 12 trens por sentido
A-2 Córdoba Central
Xaén
Andalucía Exprés, 3 trens por destino
A-3 Málaga-María Zambrano
Almería
R-598, 4 trens por sentido
Andalucía Exprés, 4 trens por sentido
A-7 Mérida Rexional
A-8 Huelva-Término Andalucía Exprés, 3 trens por sentido
Córdoba Central vía N.A.F.A.
Málaga-María Zambrano
Nome do servizo << Orixe/destino Destino/orixe >> Observacións
AVE terminal Madrid-Puerta de Atocha 11-19 trens diarios por sentido
Barcelona-Sants 2 trens diarios por sentido
Valencia-Joaquín Sorolla 1 tren diario por sentido
Alvia Cádiz Madrid-Puerta de Atocha 4 trens diarios por sentido
Talgo
Torre del Oro
terminal Barcelona-Estació de França 1 tren diario por sentido

Transporte público

[editar | editar a fonte]

As seguintes liñas de autobuses urbanos operadas por Tussam permiten acceder á estación: liñas C1, C2, 21, 28, 32 e Especial Aeroporto (une Plaza de Armas co aeroporto de Sevilla pasando por Santa Justa). Tamén fai o propio a interurbana M-124 (antiga M-220) operada por Casal.

Aínda que existen proxectos para que a liña 2 do Metro de Sevilla dea servizo á estación, na actualidade, a estación de metro máis próxima (a un quilómetro camiñando) é Nervión pertencente á liña 1.

  1. 1,0 1,1 La estación Santa Justa cumple 20 años con más de 120 millones usuarios Diario de Sevilla.
  2. Datos do ano 2010 no Anuario del ferrocarril 2011 editado pola Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre.
  3. Red ferroviaria española Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerior de Fomento.
  4. Red ferroviaria española Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  5. Europa Press (7 de agosto de 2015). "Santa Justa se renueva". El Correo de Andalucía. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]