El Carmen, Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ponte de Los Peligros, no barrio do Carmen

El Carmen é un barrio da cidade de Murcia, situado ao sur do río Segura e coñecido popularmente como El Barrio por ser o primeiro ensanche da capital murciana. Conta cunha poboación de máis de 23.000 habitantes.

Destacan no barrio o Xardín de Floridablanca, o Cuartel de Artillería, a Ponte de los Peligros ou a estación de Murcia del Carmen.