Estación de Lorca-Sutullena
Lorca-Sutullena | |
---|---|
Fachada da estación | |
Situación | Lorca |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Talgo |
Cercanías | (Proximidades Murcia/Alacant) |
Intermodalidade | |
Bus |
Lorca-Sutullena é unha das dúas estacións de ferrocarril do centro urbano de Lorca, na Rexión de Murcia, xunto á estación de Lorca - San Diego. Está incluída dentro da rede de estacións de Adif e parte da liña Murcia-Águilas do Ferrocarril do Almanzora. Está situada xunto á Praza de Carruajes, próxima ao centro de Lorca e xunto á Praza de Touros de Sutullena.
Ten parada dos trens da liña C-2 de Proximidades Murcia/Alacant e é estación termo dun tren Talgo procedente de Barcelona, xa que as vías que continúan en dirección a Águilas non están preparadas para que circule este tren. Tres dos 16 trens de proximidade que por aquí pasan procedentes de Murcia si continúan ata o final da liña en Águilas.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1876 solicítase unha concesión do tramo entre Alcantarilla e Lorca. Non chega esta sección ata Murcia, porque nesa data está xa construído e en explotación a liña Chinchilla-Cartaxena, que pasa por Alcantarilla e Murcia, e o tramo comprendido entre estes dous puntos podía así utilizarse. A concesión outórgase, pois, só de Alcantarilla a Lorca, e co título do ferrocarril deste nome constitúese unha compañía que o constrúe. Neste momento inaugúrase a estación de Lorca-Sutullena.
A estación era entón terminal ata que se inaugurou o tramo Almendricos-Lorca en 1890 que permitiu que os trens circulasen entre Lorca e Águilas. Dous anos máis tarde, en 1892, inaugurouse un breve tramo de 171 m que permitiu a continuidade da liña desde Murcia ata Águilas, que tras en peche do Ferrocarril do Almanzora converteuse nunha liña de proximidades.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Tren | Destino | Estacións do percorrido | Frecuencia |
---|---|---|---|
Talgo | Montpellier Saint-Roch[1] | Totana · Alhama de Murcia · Murcia del Carmen · Orihuela · Elx-Parc · Alacant-Terminal · Elda-Petrer · Villena · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicàssim · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona · Barcelona · Xirona · Figueres · Portbou · Cerbère · Perpiñán · Narbona · Béziers | 1 tren ao día |
Proximidades
[editar | editar a fonte]Destino/orixe | < Estación ! | Liña | Estación > | Orixe/destino |
---|---|---|---|---|
terminal | Lorca-San Diego | Murcia del Carmen | ||
Águilas | Puerto Lumbreras |