Saltar ao contido

Estación de Bioloxía Mariña de Inhaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Bioloxía Mariña de Inhaca
KaNyaka Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1947 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF267417483 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Estación de Bioloxía Mariña, ou polo seu nome en portugués Estação de Biologia Marítima de Inhaca, na illa de Inhaca, á entrada da baía de Maputo, no sur de Mozambique, é un centro de investigación da Universidade Eduardo Mondlane.

Foi inaugurado en 1951 polo Instituto de Investigação Científica de Moçambique, para apoiar a investigación da Universidade de Witwatersrand en Suráfrica. [1]

Situación

[editar | editar a fonte]

A illa da Inhaca forma parte da Reserva Mariña Parcial da Ponta do Ouro.[2] O complexo está situado preto dunha enseada na beira occidental da illa e está separado da praia por unha franxa de vexetación autóctona, só aberta en dous lugares para o acceso das persoas. Polo lado terrestre, a estación está protexida por unha duna duns 100 m de altura, sobre a cal está a casa do director da estación e un pequeno posto meteorolóxico.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A Estación está formada por un bloque con laboratorios, biblioteca e museo e outro con dous dormitorios separados por un conxunto de salas; as salas teñen capacidade para unhas 30 persoas cada unha e normalmente están ocupadas por estudantes de cada sexo, que se desprazan até alí para realizar traballos de campo. As aulas están reservadas para o profesorado.

A Estación de Bioloxía Mariña, cuxo museo -que reflicte as actividades de investigación que alí se desenvolven- non só conta cunha enorme colección de organismos mariños, senón tamén de ecosistemas terrestres.

  1. ↑ "Estação de Biologia Marítima de Inhaca". Consultado o 18 de novembro de 2020.[Ligazón morta]
  2. ↑ "Reserva Marinha Parcial da Ponta do Ouro-Plano de Maneio" (PDF). Consultado o 18 de novembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]