Saltar ao contido

Mineirão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estádio Mineirão»)
Mineirão
Estádio Magalhães Pinto
Datos
Coordenadas19°51′57″S 43°58′15″O / -19.865833, -43.970833
Localización Belo Horizonte, Brasil
Nome completoEstádio Governador Magalhães Pinto
AlcumeO Gigante
Nomes antigos• Estádio Governador Hélio Prates da Silveira
• Estádio Mané Garrincha
Construción
Inauguración5 de setembro de 1965
Renovación21 de decembro de 2012
ArquitectoEduardo Mendes Guimarães
Júnior e Gaspar Garreto
CustoR$ 670 millóns
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade62.160
Asist. máxima132.834 (22/6 de 1997)
Cruzeiro 1 - 0 Villa Nova
PropietarioMinas Arena
LocalíaCruzeiro Esporte Clube
Clube Atlético Mineiro
Webhttp://estadiomineirao.com.br/
Eventos
Mundial de Fútbol Brasil 2014
editar datos en Wikidata ]

O Estádio Governador Magalhães Pinto, máis coñecido como Mineirão é un estadio de fútbol localizado en Belo Horizonte, no estado brasileiro de Minas Xerais. Inaugurado en 1965, é o quinto maior estadio do Brasil, e ten albergado varias finais da Copa Libertadores e unha Copa Intercontinental, sendo ademais unha das sedes da Copa do Mundo da FIFA de 2014. Os principais equipos que xogan no estadio son os rivais Cruzeiro Esporte Clube e Clube Atlético Mineiro, aínda que este último xoga principalmente no Estádio Independência. En 2003 foi catalogado polo Consello Deliberativo do Patrimonio Cultural do Municipio de Belo Horizonte.