Vancouver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVancouver
Imaxe

Nomeado en referencia aGeorge Vancouver (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°15′39″N 123°06′50″O / 49.2608, -123.1139Coordenadas: 49°15′39″N 123°06′50″O / 49.2608, -123.1139
EstadoCanadá
ProvinciaColumbia Británica
Regional district in British Columbia (en) TraducirMetro Vancouver (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación662.248 (2021) Editar o valor em Wikidata (5.758,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie115 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRio Fraser (pt) Traducir, Burrard Inlet (en) Traducir e English Bay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude2 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorWilliam Cornelius Van Horne (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1886 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataKen Sim (en) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoVancouver City Council (en) Traducir Circunscrición: 1, (Escano: 11) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalV5K Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico604, 778 e 236 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Edimburgo (1978–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webvancouver.ca Editar o valor em Wikidata
Twitter: CityofVancouver Instagram: cityofvancouver Editar o valor em Wikidata

Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia.

Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York. É un importante polo de transportes canadense, posuíndo o porto con máis movementos do Canadá e o segundo aeroporto internacional con máis movementos do país.

Un clima lene no inverno e morno no verán, alén dunha bela paisaxe natural en torno da cidade e moitos parques, praias e outros lugares de recreación, fai de Vancouver un importante polo turístico do Canadá. Vancouver é considerada por moitos como unha das mellores cidades do mundo para vivir (en numerosas investigacións, aparece en terceiro lugar, só detrás de Xenebra e Zürich, ambas en Suíza).

A cidade foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno en 2010, a Copa Grey en 2005, o Campionato Mundial de Hóckey Xunior e o Fórum Urbano Mundial, os dous últimos en 2006.

Poboación e multiculturalismo[editar | editar a fonte]

Vancouver é o lar de persoas con distintas etnias e credos. De acordo co Censo de 2001, cerca do 37% da poboación son "minorías visíbeis"—noutras palabras, persoas de orixe non europea. Ten a segunda maior Chinatown da América do Norte, detrás da de San Francisco, e diversas veciñanzas multiculturais tales como o Mercado Punxabí (the Punjabi Market), Japantown (lugar onde se concentran os inmigrantes xaponeses), Little Italy ("Pequena Italia"), Greektown (barrio dos inmigrantes gregos), e Koreatown (poboación de orixe coreana).