Kokkola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKokkola
Imaxe

Localización
Mapa
 63°50′15″N 23°07′55″L / 63.83758, 23.13196Coordenadas: 63°50′15″N 23°07′55″L / 63.83758, 23.13196
Capital de
Poboación
Poboación48.299 (2023) Editar o valor em Wikidata (33,4 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa
lingua sueca (lingua minoritaria) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Kokkola Editar o valor em Wikidata
Parte de
Superficie1.446,27 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude6 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Lohtaja (en) Traducir, Ullava (en) Traducir, Kälviä (en) Traducir e Kaarlela (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1620 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoKokkola City Council (en) Traducir , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webkokkola.fi Editar o valor em Wikidata

Kokkola (en finés) ou Karleby (en sueco) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Ostrobotnia Central. Ten unha poboación de 46.779 habitantes segundo o censo de 2012.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome en finés Kokkola significa "lugar de fogata" ou "lugar da aguia", xa que a palabra finesa kokko significa á vez fogueira e aguia mariña (o sufixo -la indica localizaión). Ata o 1 de xaneiro de 1977 foi coñecida en sueco como Gamlakarleby, cando o concello de Kaarlela (en sueco Karleby) fusionouse con Kokkola, e a cidade adoptou o nome sueco de Karleby. A palabra gamla significa "vila", karl significa "home" ou "campesiño" e by significa "vila", polo que a tradución do antigo nome sueco sería "antiga vila de campesiños". O nome en latín era Carolina Vetus.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa de Kaarlela.

A cidade de Kokkola foi fundada en 1620 polo rei Gustavo II Adolfo de Suecia, cando Finlandia formaba parte do Imperio Sueco. Kokkola foi fundada como porto de embarque para o comercio de alcatrán. Tamén se converteu nun importante centro de construción naval.

En xuño de 1854 produciuse un importante acontecemento histórico coñecido como a "Escaramuza de Halkokari", durante a Guerra da Crimea. Os Royal Marines do HMS Vulture e HMS Odin trataron de chegar á terra para saquear a cidade, mais foron repelidos pola defensa local, moitos dos cales eran civís armados con rifles de caza. Un dos 9 barcos máis pequenos (un canoneiro) caeu nas mans dos defensores da cidade. Como tal, ese barco foi o único buque da royal Navy en posesión estranxeira en 1914. O barco pode verse actualmente no Parque Inglés de Kokkola. O concello rexeitou devolver o barco a pesar de varias solicitudes por parte do goberno do Reino Unido, a máis recente por parte de John Stuttard, o Lord Mayor de Londres. O Tesouro Británico paga anualmente unha pequena suma para o mantemento de nove tumbas dos nove Royal Marines mortos en combate durante a escaramuza á congregación local.[2]

En 1977, o concello veciño de Kaarlela (en sueco Karleby) fusionouse co de Kokkola (coñecido en sueco ata o momento como Gamlakarleby). En 2009, os concellos de Lohtaja, Kälviä e Ullava fusionáronse tamén con Kokkola.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Suomen asukasluvut kuukausittain – Kunnittain aakkosjärjestyksessä". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 14 de febreiro de 2013. 
  2. "Jakobstads Tidning". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]