Concello de Härnösand
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Västernorrland | ||||
| Capital | Härnösand | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 24.354 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.938,8 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Härnösand municipality, Sweden (en) | Q133274418 Q133274398 Fred Nilsson (en) Andreas Sjölander (2018–2025) Q134961768 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | harnosand.se | ||||
Härnösand é un municipio sueco (kommun) do condado de Västernorrland.[1] A súa capital é Härnösand, que tamén é a capital do condado. O concello tiña 24 515 habitantes en decembro do ano 2024.[2]
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hemsö, Häggdånger, Härnö, Högsjö, Stigsjö, Säbrå e Viksjö. Nesas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Härnösand que en 1863 creou un concello urbano. En 1873 o concello rural de Härnö aincorporouse ao concello da cidade.
Coa reforma municipal de 1952 fundouse o gran concello de Säbrå a partir dos anteriores municipios rurais de Hemsö, Häggdånger, Stigsjö, Säbrå e Viksjö, mentres que a cidade de Härnösand e o concello de Högsjö permaneceron sen cambios.
No ano 1969 os municipios de Säbrå e Högsjö incorporáronse á cidade. O actual municipio de Härnösand naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación da cidade de Härnösand.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está no sueste do landskap de Ångermanland co golfo de Botnia ao leste. Dende o noroeste cara ao sueste flúe o río Ångerman. O municipio limita ao suroeste co concello de Timrå, ao noroeste co de Sollefteå e ao norte co de Kramfors.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-09.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-30.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
