Estadio Azteca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 19°18′11″N 99°09′02″O / 19.303055555556, -99.150555555556

Estadio Azteca
O Coloso de Santa Úrsula
Datos
LocalizaciónCalzada de Tlalpan 3665, Cidade de México, México
Construción
Inauguración29 de maio de 1966
Renovación1986, 1999, 2013
ArquitectoPedro Ramírez Vázquez
Rafael Mijares Alcérreca
Custo260 millóns de MXN$
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68 m
Capacidade104.000 espectadores
PropietarioTelevisa
LocalíaSelección de fútbol de México
Club América
Eventos

O Estadio Azteca é un estadio de fútbol situado en Santa Úrsula, Cidade de México, México. Ten unha capacidade de 104.000 espectadores para partidos de fútbol e ata 120.000 para concertos. Grazas ás 104.000 localidades do campo, este estadio é considerado o terceiro máis grande do mundo logo do Estadio Renungrado Primeiro de Maio de Pyongyang, Corea do Norte e do Salt Lake Stadium de Calcuta, India. Foi deseñado polos arquitectos Pedro Ramírez Vázquez e Rafael Mijares Alcérreca para acoller os Xogos Olímpicos de 1968 e o Mundial de Fútbol México 1970.