Boeing 307

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boeing 307
Tipopasaxeiros
FabricanteBoeing
Primeiro voo31 de decembro de 1938
Introducido8 de xullo de 1940
Retirado1975
Unidades construídas10

O Boeing Model 307 Stratoliner foi o primeiro avión de transporte comercial con cabina presurizada. Esta característica permitíalle ao avión voar a unha altitude de cruceiro de 6.000 m, moi por riba das perturbacións atmosféricas. O Model 307 tiña capacidade para 5 tripulantes e 33 pasaxeiros. Foi o priemiro avións baseado en terra en incluír un enxeñeiro de voo como tripulante (varios hidroavións xa incluíran este posto anteriormente).