Billón (número)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un billón é un número natural que designa un millón de millóns.[1]

Expresións equivalentes[editar | editar a fonte]

Escríbese, co mesmo significado:

Similitudes e problemas coa terminoloxía[editar | editar a fonte]

O termo foi introducido nos séculos XV e XVI en Francia, primeiramente por Nicolás Chuquet.

En Europa e gran parte de América Latina, un billón ou a palabra coa mesma raíz nas distintas linguas (billion, billione, bilió, bilioi, biljoen, bilijon etc.) equivale a un millón de millóns, 1012 ou expresión equivalentes (véxase o apartado anterior).

Nos Estados Unidos ten o significado de mil millóns, ou 109 pero non no Canadá, que segue o modelo francés e europeo. No Reino Unido o termo é confuso porque usaban millardo e foi mudado en 1950 e aínda se emprega cos dous significados. Hai máis linguas nas que tamén ten ese significado, tales como na lingua grega e na turca.

Na Lusofonía, existen tamén diferenzas entre o portugués europeo (bilião = billón = millón de millóns)[2] e portugués do Brasil (bilhão = mil milhões = mil millóns ≠ billón)[3] que con frecuencia xera confusión.

Esta diferenza de significado provoca que se cometan erros ó traducir artigos do inglés ou do portugués do Brasil. Incluso un británico pode non saber se un texto en inglés fala de "mil millóns" ou un "millón de millóns". O mesmo erro de comprensión xorde cando se fala de números máis elevados, tal como o trillón.

Na economía[editar | editar a fonte]

O adxectivo billonario derivado de billón mantén a mesma confusión e de feito o termo non aparece no DRAG, bUSCatermos, Dicionario de dicionarios ou no de Estraviz. Referido a un individuo, billonario é quen posúe unha fortuna accesible de ó menos un billón dalgunha divisa, porén, en inglés dos Estados Unidos billionaire é quen dispón de one billion, isto é mil millóns (normalmente, en dólares) e trillionaire quen dispuxese de one trillion.[4] Esa cifra en dólares, coa terminoloxía dos Estados Unidos, non a acadou ningún invididuo, pero sumadas as fortunas estimadas de Elon Musk, ($264 billion), Jeff Bezos ($177 billion), Bernard Arnault & familia ($167 billion), e a de Bill Gates e de Warren Buffett a cifra estaría próxima. Porén, na terminoloxía europea, todo o PIB nominal da UE (un 22% de la economía global)[5] foi de 18,3 billóns de dólares en 2021[6] e, xa que logo, a toda a economía mundial non chega aos 90 billóns de dólares; porén, o estimado entre 2022 e 2023 son uns 100 billóns de dólares, que en inglés dos Estados Unidos, son $100 trillion.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para billón.
  2. "bilião". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2023-02-06. 
  3. "bilhão". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2023-02-06. 
  4. "Billionaires". www.forbes.com (en inglés). Consultado o 2023-02-06. 
  5. "Report for Selected Country Groups and Subjects". www.imf.org. Consultado o 12 de octubre de 2016. 
  6. "Fondo Monetario Internacional, segundo reporte do World Economic Outlook Database (2021)" (en inglés). FMI. 13 de outubro de 2021. 
  7. Koop, Avery (2022-07-12). "The $100 Trillion Global Economy in One Chart". Visual Capitalist (en inglés). Consultado o 2023-02-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.