Baler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBaler
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 15°45′30″N 121°33′45″L / 15.75833, 121.5625Coordenadas: 15°45′30″N 121°33′45″L / 15.75833, 121.5625
EstadoFilipinas
RexiónLuzon Central (pt) Traducir
Província das Filipinas (pt) TraducirAurora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Aurora (pt) Traducir (1951–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación43.785 (2020) Editar o valor em Wikidata (473,1 hab./km²)
Número de fogares10.197 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua usadaNorthern Alta (en) Traducir
lingua tagala
Lingua ilocana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie92,55 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porBaler Bay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude118 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación19 de agosto de 1609 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3200 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico42 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbaler-aurora.gov.ph Editar o valor em Wikidata

Baler é un municipio da provincia de Aurora, en Filipinas. No ano 2015 tiña 39.562 habitantes repartidos en 13 barangays. Baler é o centro político e comercial de Aurora, e é a cidade natal de Manuel Luis Quezón, o primeiro presidente de Filipinas.

Baler é célebre pola defensa da igrexa feita por un destacamento español durante a guerra hispano-estadounidense de 1898, coñecido como o Sitio de Baler. A resistencia seguiu ata tres meses despois de rematada a guerra. Eses soldados coñecéronse como Os derradeiros de Filipinas nas fontes españolas.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundación e período español[editar | editar a fonte]

A área onde se atopa Baler foi explorada en 1572 por Juan de Salcedo, o primeiro europeo que visitou a zona no seu periplo explorador da costa oriental de Luzón,[1] o que os españois denominaban «Contra Costa»,[2] ao acharse no extremo oposto a Manila da illa de Luzón. En 1609, misioneiros franciscanos encabezados por frei Blas Palomino cruzaron a Sierra Madre e fundaron o poboado de Baler[3] na costa do Pacífico, as beiras da baía que tomou o nome do poboado, a baía de Baler, e xunto á desembocadura do río San José (hoxe en día Aguang). Aínda que en liña recta non se encontraba a máis de 150 km de Manila, a actual estrada desde a capital, que recorre a Sierra Madre, ten uns 232 km.[4] A dificultade de acceder a Baler por terra orixinaba que as comunicacións coa capital do arquipélago se fixera por mar. En 1753, un tsunami arrasou Baler e tomouse a decisión de reconstruílo media legua cara ao interior,[5] nuns terreos elevados,[6] tamén as beiras do río San José, pero protexidos ao leste polas montañas que formaban o cabo Punta do Encanto, que pechaba a baía de Baler polo sur.

Durante a administración española de Filipinas, a illa de Luzón encontrábase dividida en provincias.[7] Delas íanse desgaxando, cando acadaban un nivel de desenvolvemento suficiente, territorios que se ían catalogando como distritos. En 1818, a área de Baler foi transferida da provincia de Tabayas (coincidente a grandes trazos coa actual provincia de Quezón) á provincia de Nueva Écija.[1] En 1856, os territorios de Nueva Écija situados entre a Sierra Madre e o océano Pacífico foron desgaxados para constituír o distrito de El Príncipe. As principais localidades deste novo distrito eran Baler, a capital («cabeceira» na terminoloxía da época, ao tratarse dun establecemento de baixo rango, do novo distrito), Casigurán (ambas na costa, situada esta última a uns 16 km de Baler) e San José de Casignán (actual María Aurora, no interior, a 15 km de Baler).[4] Relixiosos franciscanos se encargaban da atención relixiosa da localidade desde a súa fundación (salvo un período de corenta e cinco anos, entre 1658 e 1703, en que foron substituídos por agostiños recoletos).[1]

Réplica da cabana de Manuel Luis Quezón en Baler.

Á fronte do distrito encontrábase un comandante político-militar con residencia en Baler, posto desempeñado por un capitán do Exército, o cal, en virtude do seu cargo, era tamén delegado de Facenda para a recadación de impostos, subdelegado de Mariña, xuíz de primeira instancia e administrador da oficina de correos.[8] En 1897 o pobo compoñíase dunha igrexa coa residencia do párroco contigua (habitualmente denominado «convento» na Filipinas española), a casa do comandante e barracones para a tropa, ademais das vivendas dos habitantes do poboado. A guarnición permanente consistía nun destacamento da Garda Civil cun cabo, «europeo», e cinco números filipinos.[9] Habitaban a poboación unhas 1700 persoas.[10]

A igrexa de Baler[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Sitio de Baler.
Igrexa de Baler trala súa reconstrución.

A igrexa, o edificio máis sólido do poboado, foi construída despois da refundación de Baler en 1735, co obxectivo de que resistise os fenómenos meteorolóxicos extremos (tifóns, inundacións, tsunamis) que caracterizan a área. Os muros, de metro e medio de espesor, consistían nunha amálgama de pedras, cal e arena.[11] Ademais da súa solidez, a igrexa era un edificio simbolicamente da maior importancia, posto que ademais das cerimonias relixiosas, era a sede do párroco, depositario de inmensos poderes non só espirituais, senón tamén temporais. Tiña unha forma aproximadamente rectangular, de 30 metros de lonxitude e 10 de anchura, con orientación sur-norte. Tiña seis ventás, dous delas na fachada principal, que daba ao sur.[12] A torre do campanario era de madeira e o teito, a dúas augas, de cinc. Contigua á igrexa, á esquerda da entrada principal, encontrábase o convento, de dez metros de lonxitude e tres de anchura. A súa esquerda, un curral duns cinco por cinco metros. Tamén no lado esquerdo (oeste) da igrexa, estaba a sancristía. Sancristía e convento estaban comunicados mediante un pequeno patio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Discover Aurora. "History (of Baler)" (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2011. 
  2. Quezon Province. "History of Quezon" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2011. Consultado o 24 de outubro de 2011. 
  3. "History of Baler". National Historical Commission of the Philippines (en inglés). 2012-09-06. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 11 de febreiro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 (Ortiz Armengol 1990, pp. 93)
  5. Ortiz Armengol 1990, pp. 96.
  6. (Selaznog 2005)
  7. Ortiz Armengol 1990, pp. 92-93.
  8. (Ortiz Armengol 1990, pp. 95)
  9. Ortiz Armengol 1990, pp. 106.
  10. 1688 habitantes según (Leguineche 1998, pp. 258)
  11. (Ortiz Armengol 1990, pp. 97)
  12. Leguineche 1998, pp. 262.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]