An Education

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

An Education
Ficha técnica
Título orixinalAn Education
DirectorLone Scherfig
Produtor
GuiónNick Hornby
Baseado enAn Education de Lynn Barber
Intérpretes
MúsicaPaul Englishby
FotografíaJohn de Borman
MontaxeBarney Pilling
Estudio
Distribuidora
EstreaFestival de Cinema de Sundance: 19 de xaneiro de 2009
Duración100 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido[3]
Estados Unidos de América Estados Unidos[3]
XéneroDrama
Orzamento7,5 millóns de dólares[1]
Recadación26,1 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.sonyclassics.com/aneducation/
IMDB: tt1174732 Filmaffinity: 568827 Allocine: 134179 Rottentomatoes: m/an_education Mojo: aneducation Allmovie: v435314 TCM: 737335 Metacritic: movie/an-education TV.com: movies/an-education Netlix: 70113948Editar o valor em Wikidata

An Education é un filme británico-estadounidense de 2009 dirixido por Lone Scherfig. O guión, escrito por Nick Hornby, baséase nun artigo autobiográfico que a xornalista británica Lynn Barber publicou na revista literaria Granta. A historia desenvólvese no Londres de comezos dos 60 e narra a relación amorosa entre Jenny (Carey Mulligan), unha estudante que planea ir á Universidade de Oxford, e David (Peter Sarsgaard), un home uns vinte anos maior ca ela.

O filme estreouse o 19 de xaneiro de 2009 no Festival de Cinema de Sundance.

Argumento[editar | editar a fonte]

Por mor dun ensaio dunha orquestra xuvenil, un encantador home maior, David Goldman, leva á súa casa a unha brillante e fermosa estudante, Jenny . Os dous establecen unha relación que inclúe tamén o socio de David, Danny, e a súa amante, Helen. David encántalle aos pais de Jenny, o que lle permite levala aos concertos, clubs de jazz e, mesmo, a París.

Jenny decátase de que David e Danny rouban cousas de casas en venda. Tamén descobre que David gaña diñeiro por trasladar familias negras a pisos preto de mulleres maiores que teñen medo deles, para así poder comprar os pisos que elas deixan baratos. Ante a descuberta disto, Jenny arrepíase e ameaza con terminar a relación, pero ao final atopa a súa nova vida tan apaixonante que mira máis aló deste lado máis escuro.

Despois de ver bailar a Jenny con Danny e preocupado ao ver que Jenny pode interesarlle a outro home, David proponlle matrimonio de camiño a Jenny. O seu pai está de acordo co compromiso e Jenny abandona a escola sen rematar o bacharelato; a Helen parece gustarlle pero a Danny non moito, e David promete mantelo afastado para evitar que Danny lle quite a Jenny. Buscando cigarros no caixón do coche de David, Jenny atopa unha chea de cartas dirixidas ao "Sr. e a Sra. David Goldman". Como David non dá a cara, tócalle a Jenny contarlles aos seus pais que xa está casado. A directora négase a permitir que repita o último ano da escola, polo que Jenny vai á casa da súa mestra favorita, que a axuda a pasar o bacharelato. Finalmente é aceptada para estudar Literatura Inglesa en Oxford, que era o que desexaba antes de coñecer a David.

A escena final amósaa montada en bicicleta polas rúas de Oxford con outro estudante, quizais o seu novo noivo. Jenny narra de fondo: "Así que fun a ler libros ingleses, e fixen o posible para evitar o destino de lentes e grans que Helen auguraba. Probablemente me vise tan nova, inxenua e fascinada como calquera outro estudante... Pero non o era. Un dos mozos cos que saín, e realmente eran mozos, convidoume unha vez a ir con el a París. E eu díxenlle que me encantaría. Morría por ver París. Coma se nunca estivese!".

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Carey Mulligan como Jenny Mellor.
  • Peter Sarsgaard como David Goldman.
  • Dominic Cooper como Danny, amigo e socio de David.
  • Rosamund Pike como Helen, a noiva de Danny.
  • Emma Thompson como Miss Walters, a directora da escola.
  • Olivia Williams como Miss Stubbs, profesora.
  • Alfred Molina como Jack Mellor, pai de Jenny.
  • Cara Seymour como Marjorie Mellor, nai de Jenny.
  • Sally Hawkins como Sarah Goldman, esposa de David.
  • Matthew Beard como Graham, compañeiro de Jenny na banda de música.
  • Amanda Fairbank Hynes como Hattie, unha das amigas da escola de Jenny.
  • Ellie Kendrick como Tina, outra das amigas da escola de Jenny.
  • Beth Rowley como unha cantante de cabaret.

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Óscar[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Persoa Resultado
2010 Mellor Película Candidata
2010 Mellor Actriz Carey Mulligan Candidata
2010 Mellor Guión Adaptado Nick Hornby Candidato

Premios BAFTA[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Persoa Resultado
2009 Mellor Película Candidata
2009 Mellor Película Británica Candidata
2009 Mellor Director Lone Scherfig Candidata
2009 Mellor Actriz Carey Mulligan Gañadora
2009 Mellor Actor Secundario Alfred Molina Candidato
2009 Mellor Guión Adaptado Nick Hornby Candidato
2009 Mellor Deseño de Vestiario Odile Dicks-Mireaux Candidata
2009 Mellor Maquillaxe e Peiteado Lizzie Yianni Georgiou Candidata

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2009 Mellor Actriz - Drama Carey Mulligan Candidata

Premios do Sindicato de Actores[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2009 Mellor Cadro de Actores
Candidato
2009 Mellor Actriz Carey Mulligan Candidato

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "An Education (2009)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de febreiro de 2010. 
  2. "An Education (2008)". BBFC. Consultado o 25 de novembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "An Education". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2012. Consultado o 26 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]