Sacardebois, Parada de Sil: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
A parroquia ten como patrón a San Martiño que se celebra o [[11 de novembro]] cunha festa popular gastronómica con [[magosto]] incluído, que nos últimos anos é tamén a festa do viño, pero hai outra festa de verán, o Carme, que ten lugar o [[16 de xullo]]. Tamén son salientables as festas na Costrela, onde contan cunha capela en honra da Virxe das Neves, e mais recentemente en Calvos en honra a San Roque, como evento gastronómico é festivo só para os nados do lugar e os seus familiares, que se celebra o primeiro sábado despois do [[15 de agosto]]. |

{{Parada |
{{Parada do Sil}} |
||
[[Categoría:Parada do Sil]] |
[[Categoría:Parada do Sil]] |
Revisión como estaba o 4 de maio de 2008 ás 16:37
Sacardebois é unha das parroquias do concello de Parada do Sil (provincia de Ourense). Linda ó norte co río Sil que a separa das parroquias de Pinol e Amandi, do veciño concello de Sober na provincia de Lugo, ó sur, Forcas, e ó oeste, Chandrexa e por último o leste con San Lourenzo de Barxacoba. Estas tres últimas tamén pertencen ó concello de Parada de Sil.
Comprende os lugares de Bouzas, Calvos, A Costrela, Leiravella, Barxa, Porto e Val.
Situada na ladeira sur do Sil, a súa orografía está formada por unha vertente orientada cara ó norte en forma de pequenas ondulacións e vales por onde percorren os regatos das Augas Brancas (cos seus afluentes: Chipela, Roxedoiro e Purdeus), regato da Gurbela ou San Fiz, regato da Confredaría ou da Barxa, e por último, regato de Peche ou da Costrela, nomeados eles, de oeste a leste.
Solo
A parte alta do terreo está ocupada por unha fraga na cal o piñeiro e o eucalipto son case inexistentes. Da metade para abaixo (da vertente que forma a parroquia) está ocupada por bancais tamén nomeados patados, dedicados ó cultivo do viñedo. Onde o cultivo das vides se abandonou ou non se axeita, os terreos son de soutos, cos centenarios castiñeiros, nogueiras, e outras árbores froiteiras.
Economía
As casas da parroquia son unhas cincuenta, pero co abandono das labouras agrícolas, non rendibles para a xuventude, moitas delas só cobran vida en momentos determinados, coma, nas vacacións, vendima ou castañeira.
O cultivo do viñedo e as variedades de uvas garnacha, mouratón e mencía en tinto, así como a palomino en branca, tivo épocas espléndidas; hoxe en día, dúas cooperativas están establecidas dentro da D.O. Ribeira Sacra, proseguindo a nivel industrial esta tradición.
Festas
A parroquia ten como patrón a San Martiño que se celebra o 11 de novembro cunha festa popular gastronómica con magosto incluído, que nos últimos anos é tamén a festa do viño, pero hai outra festa de verán, o Carme, que ten lugar o 16 de xullo. Tamén son salientables as festas na Costrela, onde contan cunha capela en honra da Virxe das Neves, e mais recentemente en Calvos en honra a San Roque, como evento gastronómico é festivo só para os nados do lugar e os seus familiares, que se celebra o primeiro sábado despois do 15 de agosto.