Óxido nitroso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Elimino (elemento) dos elementos químicos
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Osíxeno - Mudado(s) link(s) para Osíxeno molecular
Liña 92: Liña 92:


Hai que controlar ben as condicións desta reacción porque existe o perigo de explosión.
Hai que controlar ben as condicións desta reacción porque existe o perigo de explosión.
O óxido de dinitróxeno fórmase tamén en condicións anaeróbicas a partir de fertilizantes minerais no solo. É un importante gas de [[efecto invernadoiro]] cunha permanencia media de 100 anos na atmosfera. Actualmente atribúeselle o 5 % do efecto invernadoiro artificial a este gas. Ademais ataca a [[capa de ozono]], reducindo o [[ozono]] a [[osíxeno]] molecular e liberando dúas [[molécula|moléculas]] de [[monóxido de nitróxeno]].
O óxido de dinitróxeno fórmase tamén en condicións anaeróbicas a partir de fertilizantes minerais no solo. É un importante gas de [[efecto invernadoiro]] cunha permanencia media de 100 anos na atmosfera. Actualmente atribúeselle o 5 % do efecto invernadoiro artificial a este gas. Ademais ataca a [[capa de ozono]], reducindo o [[ozono]] a [[Osíxeno molecular|osíxeno]] molecular e liberando dúas [[molécula|moléculas]] de [[monóxido de nitróxeno]].
[[Imaxe:Nitrous oxide-structure.png|left|thumb|320px|Estrutura do óxido nitroso]]
[[Imaxe:Nitrous oxide-structure.png|left|thumb|320px|Estrutura do óxido nitroso]]


Liña 99: Liña 99:
O químico [[Humphry Davy]] descubriu as propiedades narcóticas deste gas no ano [[1799]] en experimentos co seu propio corpo. O primeiro dentista que aplicou o gas como [[sedativo]] nunha extracción dental foi Horace Wells en [[Hartford, Connecticut|Hartford]] ([[Connecticut]]) en [[1844]] tras observar a actividade fisiolóxica nunha atracción de feira.
O químico [[Humphry Davy]] descubriu as propiedades narcóticas deste gas no ano [[1799]] en experimentos co seu propio corpo. O primeiro dentista que aplicou o gas como [[sedativo]] nunha extracción dental foi Horace Wells en [[Hartford, Connecticut|Hartford]] ([[Connecticut]]) en [[1844]] tras observar a actividade fisiolóxica nunha atracción de feira.


Aínda hoxe se utiliza este gas mesturado co 30 % de [[osíxeno]] como narcótico, mellorando a súa eficacia con outras substancias.
Aínda hoxe se utiliza este gas mesturado co 30 % de [[Osíxeno molecular|osíxeno]] como narcótico, mellorando a súa eficacia con outras substancias.


Na industria alimenticia utilízase para facer os alimentos máis espumosos(natas, iogures, etc.).
Na industria alimenticia utilízase para facer os alimentos máis espumosos(natas, iogures, etc.).

Revisión como estaba o 11 de marzo de 2008 ás 21:35

Xeral

Nome Óxido de dinitróxeno
Fórmula química N2O
Apariencia Gas incoloro

Físicas

Peso molecular 44.01 uma
Punto de fusión 182,29 K (-90,86 °C)
Punto de ebullición 184,67 K (-88,48 °C)
Temperatura crítica 309.6 K (36.4 °C)
Presión crítica 7.245 MPa
Densidade 1,2 ×10³ kg/m³ (líquido)
Solubilidade 0,112 g en 100g de agua

Termoquímica

ΔfH0gas 82,05 kJ/mol
ΔfH0líquido ? kJ/mol
ΔfH0sólido ? kJ/mol
S0gas, 1 bar 219,96 J·mol-1·K-1
S0líquido, 1 bar ? J·mol-1·K-1
S0sólido ? J·mol-1·K-1

Riscos

Inhalación Pode causar asfixia.
Pel Perigoso comprimido ou crioxénico.
Ollos Perigoso comprimido o crioxénico.
Máis información Hazardous Chemical Database (En inglés)

Valores no SI e en condicións normais (0 ºC e 1 atm), salvo que se indique o contrario.

O óxido de dinitróxeno, óxido de nitróxeno (I) ou óxido nitroso (N2O) é un gas incoloro cun cheiro doce e lixeramente tóxico. Provoca alucinacións e un estado eufórico. Por iso foi utilizado como droga nalgúns casos.


Datos adicionais

  • Presión de vapor: 5080 kPa a 20 ºC
  • Solubilidade en auga: 1,305 l/l auga a 0 °C; 0,596 l/l auga a 25 °C
  • Concentración máxima permitida en lugares de traballo: 100 ppm


Síntese

O óxido de dinitróxeno (N2O) xenérase convenientemente pola termólise controlada do nitrato de amonio ou por reacción de amoníaco con ácido nítrico:


NH4NO3 -> 2 H2O + N2O


Hai que controlar ben as condicións desta reacción porque existe o perigo de explosión. O óxido de dinitróxeno fórmase tamén en condicións anaeróbicas a partir de fertilizantes minerais no solo. É un importante gas de efecto invernadoiro cunha permanencia media de 100 anos na atmosfera. Actualmente atribúeselle o 5 % do efecto invernadoiro artificial a este gas. Ademais ataca a capa de ozono, reducindo o ozono a osíxeno molecular e liberando dúas moléculas de monóxido de nitróxeno.

Estrutura do óxido nitroso


Aplicacións

O químico Humphry Davy descubriu as propiedades narcóticas deste gas no ano 1799 en experimentos co seu propio corpo. O primeiro dentista que aplicou o gas como sedativo nunha extracción dental foi Horace Wells en Hartford (Connecticut) en 1844 tras observar a actividade fisiolóxica nunha atracción de feira.

Aínda hoxe se utiliza este gas mesturado co 30 % de osíxeno como narcótico, mellorando a súa eficacia con outras substancias.

Na industria alimenticia utilízase para facer os alimentos máis espumosos(natas, iogures, etc.).

Na técnica aproveitase o poder oxidante do gas para utilizalo no canto de aire nas combustións dos motores convencionais ou nalgúns foguetes, na Segunda guerra mundial usouse o óxido nitroso nalgúns avións. Así aumentase a potencia dos motores. Nos foguetes aproveitase o feito de que é un gas facilmente licuable que elimina a necesidade de traballar con tecnoloxías crioxénicas complicadas e custosas. Aínda así, un uso prolongado do óxido nitroso pode acabar danando motor e acurtando a súa vida útil.

En España levar un kit de óxido nitroso no coche é legal mentres non se utilice, aínda que é díficil saber se foi usado.

Referencias externas