Nicanor Parra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Meu rei (conversa | contribucións)
algunhas correcións
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Iniciais dos modelos en maiusculas
Liña 64: Liña 64:


== Ligazóns externas ==
== Ligazóns externas ==
{{wikiquote|Nicanor Parra}}
{{Wikiquote|Nicanor Parra}}
* [http://www.antiweb.cl/ Web e Antiweb de Nicanor Parra]
* [http://www.antiweb.cl/ Web e Antiweb de Nicanor Parra]
* [http://www.trazegnies.arrakis.es/parra.html O Proxecto da Antipoesía de Nicanor Parra ]
* [http://www.trazegnies.arrakis.es/parra.html O Proxecto da Antipoesía de Nicanor Parra ]

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2007 ás 19:31

Nicanor Parra Sandoval (*San Fabián de Alico, Chile, 5 de setembro, 1914), Poeta chileno.

A Parra atribúeselle a antipoesía, unha expresión literaria que rompe cos canons tradicionais da lírica. Unha das súas obras máis recoñecidas é Poemas e Antipoemas, onde remplaza unha sintaxe coidada e metafórica por unha linguaxe cotiá e directa.

Nicanor Parra é membro da Familia Parra, composta por recoñecidos artistas populares en Chile, entre eles Roberto, Violeta e Eduardo ("Lalo").

Biografía

Fillo de Rosa Clara Sandoval Navarrete, crece nun ambiente artístico. Desde pequeno alternou a súa residencia entre Santiago, Lautaro, Ancud e Chillán.

En 1927, ingresou no Liceo de Homes de Chillán, onde cursou ata o Quinto Ano de Humanidades. En 1932, fuxiu da casa rumbo a Santiago, onde cursou o último ano de educación secundaria no Internado Nacional Barros Arana, grazas a unha bolsa da Liga de Estudantes Pobres. Aí coñeceu a Jorge Millas, Luís Oyarzún e Carlos Pedraza, cos cales tivo grande afinidade artística. O ano 1933, o poeta ingresou ao Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile co fin de estudar Matemáticas e Física. Tamén tomou Enxeñería, Dereito e Inglés, pero pronto os abandonou. Financiou os seus estudos desempeñándose como inspector do INBA e foi alí cando en 1935 publicou o seu primeiro anticonto chamado "Gato no camiño" na Revista Nova (publicación que fundou xunto a Millas e Pedraza). O relato circulou entre os inspectores, profesores e alumnos do Internado.

Regresou do Instituto Pedagóxico en 1937, para desempeñarse como profesor de matemáticas e física no Liceo de Homes de Chillán. O mesmo ano publica Cancioneiro sen nome, o seu primeiro libro de versos, onde deixou entrever pegadas da poesía de García Lorca.

En 1938 é galardoado co Premio Municipal de Santiago pola súa contribución á física e a matemática.

En 1943 viaxa a Estados Unidos a estudar mecánica avanzada na Brown University mediante unha bolsa do Institute of International Education. Regresa en 1946 incorporándose á Universidade de Chile como profesor titular de Mecánica Racional. En 1948 é nomeado Director Interino da Escola de Enxeñería da Universidade de Chile. En 1949 parte a Inglaterra grazas á bolsa do Consello Británico coa intención de estudar cosmoloxía en Oxford. O seu paso polos Estados Unidos e Inglaterra, particularmente a inmersión na vida cotiá de dúas sociedades desenvolvidas, son fundamentais na xestación dos seus antipoemas.

Volve a Chile en 1951, casado con Inga Palmén, de nacionalidade sueca. Nos Anais da Universidade de Chile aparece unha selección das súas antipoemas. Logo, en 1952 realiza novos avances na poesía non tradicional, montado xunto a Enrique Lihn, Alejandro Jodorowsky e outros a poesía-mural quebrantaósos, feita con recortes de diarios.

En 1954 aparece o seu segundo libro: Poemas e Antipoemas. O sistema antipoético inclúe entre os seus elementos un personaxe antiheroico, humor, ironía, sarcasmo e un verso cuxo léxico e sintaxe non obedecen ao modelo literario clásico da poesía, senón á linguaxe cotiá. No seu país, este novo estilo de poesía foi apoiado publicamente polo crítico literario Ignacio Valente, quen resultou ser un dos seus máximos divulgadores.

En 1959 é invitado ao congreso mundial da paz en Pequín; para alcanzar ata a capital China, viaxa primeiro a Estocolmo, Suecia, debido a que as viaxes aos países do socialismo real, nesa época da Guerra Fría, eran exhaustivamente controlados polos organismos de seguridade occidentais. Visita a Artur Lundkvist, entón Secretario Permanente da Academia Sueca e na casa deste coñece á escritora, Sun Axelsson, con quen se unirá sentimentalmente e que motivará, logo, a viaxe dela a Chile.

En 1969 recibe o Premio Nacional de Literatura por todo o seu traballo literario e polo impacto que xerou o seu libro Obra Grosa, que publica ese mesmo ano.

En 1991, outórgaselle en México o premio Juan Rulfo. Tamén ese ano é nomeado Doutor Honoris Causa na Universidade de Brown, grao que lle conferirían logo tamén as universidades de Concepción en 1996, e do Biobío en 2000.

En 2000, recibe o Honorary Fellow da Universidade de Oxford. O ano 2001 recibe o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana, ademais do Premio Bicentenario da Corporación Cultural de Chile e Universidade de Chile.

Tras unha mediática exposición no Centro Cultural Palacio de La Moneda, en octubre de 2006 presenta o seu novo libro "Obras completas I & algo +" na Feira do Libro de Santiago.

Postulacións ao Nobel

Nicanor Parra foi postulado ao Premio Nobel de Literatura en diversas ocasións, sen ter sido considerado pola Academia Sueca para dito galardón. A primeira postulación oficial producese en 1995, mediada pola Universidade de Nova York. O segundo intento oficial encabezouno a Universidade de Concepción en 1997 e tres anos máis tarde por Machitún-2000, que media a postulación coa Universidade de Chile.

Obras

  • Cancionero sin nombre'1937',
  • Poemas y antipoemas, 1954.
  • La cueca larga, 1958.
  • Antipoemas, 1960.
  • Versos de salón, 1962.
  • Manifiesto, 1963.
  • Canciones rusas. 1967.
  • Obra gruesa, 1969.
  • Los profesores, 1971.
  • Artefactos,1972.
  • Sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1977.
  • Nuevos sermones y prédicas del Cristo de Elqui, 1979.
  • El anti-Lázaro, 1981.
  • Poema y antipoema de Eduardo Frei, 1982.
  • Cachureos, ecopoemas, guatapiques, últimas prédicas, 1983.
  • Chistes para desorientar a la poesía, 1983.
  • Coplas de Navidad, 1983.
  • Poesía política, 1983.
  • Hojas de Parra, 1985.
  • Poemas para combatir la calvicie, 1993.
  • Páginas en blanco, 2001.
  • Lear Rey & Mendigo, 2004.
  • Obras completas I & algo +, 2006.
  • Discursos de Sobremesa, 2006.

Ligazóns externas